Como podo...?

Este portal web recolle información das publicacións editadas pola Xunta de Galicia e acceso á súa descarga, adquisición e/ou localización nas bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia. As publicacións pódense atopar empregando o buscador que se atopa na portada. A busca avanzada permite combinar diferentes criterios: palabras do título, do autor e/ou do texto descritivo, ano de edición, materia, tipo de publicación, lingua, dispoñibilidade para a compra etc.

Por agora non. A carga de contidos estase a facer de maneira paulatina. Comezouse cunha selección de publicacións dos últimos 5 anos, dándolle prioridade a aquelas dispoñibles para a súa distribución física ou a súa descarga. Irase ampliando ata incluír o maior número de publicacións posible, con independencia da súa data de edición.

A Libraría Institucional da Xunta de Galicia ofrece tres opcións:

  • A descarga gratuíta no formato dixital máis axeitado, que pode variar segundo o caso: pdf, epub, zip, mp3 etc.
  • A adquisición de exemplares, tamén de publicacións non venais. Xunto co prezo da publicación, a persoa compradora ten que facerse cargo dos gastos de envío. No caso de publicacións non venais que estean dispoñibles para a súa distribución, pódense obter pagando só os gastos de envío.
  • A localización das publicacións no catálogo de bibliotecas públicas dependentes da Secretaría Xeral de Cultura, que inclúe a Biblioteca de Galicia, as nodais, bibliotecas de arquivos e de museos xestionados pola Xunta, as municipais de Ferrol, a do Consello da Cultura Galega e as fundacións Vicente Risco e Manuel María. A ficha de cada publicación inclúe unha ligazón a unha busca automática nese catálogo, o que permite á persoa usuaria da libraría institucional localizar exemplares da publicación do seu interese nas bibliotecas.

O apartado “Novidades” deste portal inclúe as últimas publicacións que a Xunta vai editando e incorporando á Libraría Institucional. Pode subscribirse ao RSS para recibir a información actualizada no seu agregador ou lector de feeds. Se lle interesa un tipo de publicación en concreto (determinadas temáticas ou formatos, por exemplo), pode configurar alertas personalizadas, que lle permitirán recibir avisos na web ou no correo electrónico cada vez que apareza ou se modifique algunha publicación que cumpra eses criterios.

As alertas permiten recibir avisos cada vez que se engade ou se modifica unha publicación que cumpra determinados criterios. En "A miña conta", na pestana "Configuración de alertas", pode establecer se quere recibir alertas e se quere que lle cheguen ao correo electrónico. A continuación pode definir os criterios:

  • Combinación de temática, tipoloxía e dispoñibilidade, marcando como mínimo unha temática.
  • Palabras clave: escollendo unha palabra ou palabras que poden aparecer en calquera campo da publicación.

Se así o marcou, recibirá as notificacións no correo electrónico. En todos os casos, na pestana "Alertas" de "A miña conta" poderá consultar todas as alertas.

A Libraría Institucional permite que as persoas usuarias creen as súas propias listas de publicacións. Seleccione as publicacións que lle interesan marcando en cada unha a estrela que atopará na parte inferior dereita da ficha da publicación. As listas veranse na pestana "As miñas listas" de "A miña conta".

Por defecto, as súas listas son privadas, só vostede pode velas. Na pestana "As miñas listas", dentro de "A miña conta", pode editar calquera das súas listas e facela pública. Desde ese momento poderá vela calquera persoa na páxina https://libraria.xunta.gal/gl/listas/publicas, xunto coas que compartiron outras persoas, ordenadas alfabeticamente.

Se unha publicación está esgotada ou descatalogada non será posible a súa adquisición. Con todo, pode estar dispoñible para descarga dixital e pode ser localizada nas bibliotecas públicas.

Para comprar publicacións na Libraría Institucional é imprescindible darse de alta como usuario/a. As publicacións que se poden adquirir son as que teñen na súa ficha un símbolo de carriño da compra coa expresión “Engadir á miña compra”. Unha vez que a persoa usuaria engadiu os produtos do seu interese, pode dirixirse ao apartado do menú “A miña compra”, onde atopará a relación de produtos engadidos. Pode modificar o número de exemplares que desexa recibir, quitar algúns ou baleirar a cesta. Co botón “Tramitar a compra” iníciase o proceso de compra. O pagamento realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria da Xunta de Galicia. Os métodos de pagamento aceptados son os correspondentes a “Taxas e prezos” que se poden consultar na web da Axencia Tributaria de Galicia. O envío só se realizará logo de ter confirmación do pagamento.

Os gastos de envío varían en función do peso do pedido: 2 € (IVE incluído) para pedidos de ata 2 kg, e 5 € (IVE incluído) para pedidos de máis de 2 kg e menos de 25 kg. Non é posible enviar pedidos de máis de 25 kg.

O prazo previsto de entrega é de ata 10 días laborables, contados desde a constancia por parte da Administración do pagamento efectuado pola persoa compradora. En todo caso, o prazo máximo de entrega será de 30 días.

Actualmente só é posible realizar envíos a España (Península, Ceuta e Melilla, Baleares e Canarias).

Si, cun límite de 2 exemplares por publicación para cada usuario/a. Para recibilas só será necesario aboar os gastos de envío correspondentes. As publicacións gratuítas que se poden adquirir son as que teñen na súa ficha carro da compra e como prezo figura “0,00 €”.

Si, calquera persoa ten dereito a desistir da compra e deixala sen efecto nun prazo de 15 días naturais. Para as librarías o prazo de devolución é de 90 días. En todo caso, só é posible devolver pedidos completos, non só parte deles. Pode consultar as condicións aquí.

Non. Tamén se poden adquirir en librarías convencionais e outros puntos de venda de publicacións. Existen publicacións que non se atopan á venda na web da Libraría Institucional, especialmente coedicións entre a Xunta de Galicia e empresas editoriais, que si se poden adquirir en librarías.

A partir da aparición da Libraría Institucional, este portal web convértese na canle única para a adquisición de publicacións da Xunta de Galicia por parte de librarías e outros establecementos e puntos de venda para a súa posterior venda ao público. Se vostede representa a un establecemento comercial deste tipo e está interesado/a en distribuír publicacións editadas pola Xunta de Galicia, pode adquirilas a través deste portal, gozando dun desconto do 50 % sobre o prezo total, IVE incluído. Para gozar dese desconto, ten que darse de alta como libraría aquí. Xunto cos datos da empresa e persoais, ten que achegar unha copia de documento que acredite a alta no IAE no epígrafe correspondente. Ten máis información aquí.