Como busco unha publicación editada pola Xunta de Galicia?

Este portal web recolle información das publicacións editadas pola Xunta de Galicia e acceso á súa descarga, adquisición e/ou localización nas bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia. As publicacións pódense atopar empregando o buscador que se atopa na portada. A busca avanzada permite combinar diferentes criterios: palabras do título, do autor e/ou do texto descritivo, ano de edición, materia, tipo de publicación, lingua, dispoñibilidade para a compra etc.