Condicións de uso

Información xeral

A titularidade do dominio desta Libraría Institucional, https://libraria.xunta.gal, corresponde á Xunta de Galicia, NIF: S1511001H, con enderezo en: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

Para calquera cuestión relacionada co seu funcionamento e forma de uso pode establecer contacto no teléfono 981 545 962 (de 9 a 15 h, de luns a venres, agás festivos) e no seguinte enderezo electrónico: libraria@xunta.gal.

A persoa compradora, no momento de validar e aceptar a tramitación dunha compra, acepta as condicións de uso desta libraría. As compras están sometidas á lexislación vixente na materia.

Prezos e dispoñibilidade

Os prezos dos produtos da libraría institucional da Xunta de Galicia están expresados en euros (€) e inclúen o IVE correspondente.

As publicacións que aparecen no catálogo da libraría, e que dispoñan de icona de compra, están dispoñibles, salvo erro ou fin de existencias. Naqueles casos nos que non haxa existencias dos artigos demandados, contactarase desde a Administración coa persoa compradora, e se for o caso, devolveráselle o importe correspondente.

Formas de pagamento

O pagamento realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria da Xunta de Galicia. Os métodos de pagamento aceptados son os correspondentes a “Taxas e prezos” que se poden consultar no seguinte enderezo: http://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/pagamentos/taxas-e-prezos

O envío só se realizará logo de ter confirmación pola Administración de ter recibido o importe correspondente.

Condicións xerais da venda

Só se realizarán envíos a España (Península, Ceuta e Melilla, Baleares e Canarias).

A persoa compradora, no momento de aceptar a compra a través do formulario en liña, recoñece coñecer as condicións de venda indicadas na pantalla (título, autoría, prezo, forma de pagamento, formato, cantidade, detalles, custo das prestacións etc.) e acéptaas en todos os seus termos.

No caso das publicacións non venais, cada persoa usuaria só poderá adquirir como máximo dous exemplares da mesma publicación.

Gastos de envío

Os gastos de envío son os seguintes:

  • Pedidos de ata 2 kg de peso: 2 € (IVE incluído)
  • Pedidos de entre 2 e 25 kg de peso: 5 € (IVE incluído)

Non é posible realizar pedidos de máis de 25 kg de peso.

Entrega do produto

A entrega dos produtos por parte da Administración farase nun prazo de 10 días laborables, contados desde a constancia por parte da Administración do pagamento efectuado pola persoa compradora.

En todo caso, o prazo máximo de entrega será de 30 días, contados desde o día seguinte a ter constancia a Administración do pagamento efectuado pola persoa compradora. De incumprirse o prazo de entrega, esta ten dereito a resolver o contrato e solicitar que se lle devolvan todas as cantidades aboadas.

Información sobre o pedimento

A persoa compradora pode coñecer a fase na que se encontra o envío do seu pedimento a través do apartado ‘A miña compra’.

Devolucións

A persoa compradora ten dereito a desistir da compra e deixala sen efecto, sen necesidade de xustificar a súa decisión, a través do formulario que figura asociado a cada pedido no apartado ‘A miña conta’.

O prazo para exercer este dereito é de 15 días naturais para a cidadanía e de 90 días naturais para as librarías.

O/a consumidor/a exercerá este dereito co envío dunha mensaxe ao correo corporativo desta libraría institucional, e devolverá o produto ao seguinte enderezo:
Almacén Consellería de Cultura, Educación e O. U.
Vía Pasteur, 61-B
15890 Santiago de Compostela

Os gastos de devolución serán por conta da persoa compradora.

A Administración devolverá o aboado pola persoa compradora a través das canles legais establecidas.

Non se admite a devolución parcial dun pedido.

O dereito de devolución non se lles aplica aos seguintes produtos:

  • Gravacións sonoras ou de vídeo precintadas ou programas informáticos precintados que desprecinte o/a consumidor/a despois da entrega.
  • Publicacións periódicas ou revistas.
  • Contido dixital en liña.

Especificidades da venda a librarías

Este portal web é a canle para a adquisición de publicacións da Xunta de Galicia por parte de librarías e outros establecementos e puntos de venda. Estes establecementos contarán cun desconto do 50 % sobre o prezo total, IVE incluído.

Faise preciso que estes establecementos acrediten a súa condición, a través da pestana “Libraría” da páxina de rexistro de usuarios, acreditando a situación de alta no IAE na epígrafe correspondente.

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.