Aviso legal

 

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal'') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.

A persoa usuaria queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.

Política de privacidade e protección de datos persoais

De conformidade co establecido nos artigos 13 e 14 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos - RXPD), e os artigos 6 e 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (en adiante, LOPDGDD), polo que se regula o dereito de información na recollida de datos, a continuación inclúese a política de privacidade do Portal https://libraria.xunta.gal/, do que é titular a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e que vén complementar o aviso legal e a política de cookies, así como as condicións específicas sobre protección de datos persoais que poidan incluírse en calquera formulario de recollida de datos de dita Portal.

Esta política de privacidade pode modificarse en función dos cambios nas funcionalidades do Portal ou actualizacións normativas. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?

O responsable do tratamento é a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (en diante, a Consellería) con domicilio en Edificios Administrativos - San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), e con portal web https://culturaelingua.xunta.gal/.

Quen é o delegado/a de protección de datos?

Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia

Que datos tratamos e de que fonte se obteñen?

No caso de que se rexistre como persoa usuaria ou como libraría, trataranse datos identificativos coa finalidade de darlle acceso ás distintas funcionalidades do Portal.

Respecto das persoas usuarias, trátanse os seguintes datos:

  • Nome e apelidos

  • DNI

  • Dirección postal

  • Correo electrónico

Respecto das librarías, trátanse os seguintes datos:

  • Nome e apelidos da persoa representante

  • DNI da persoa representante

  • Dirección postal

  • Correo electrónico

Os datos son facilitados polas persoas que se rexistran no Portal e polas persoas representantes das librarías que se rexistran no Portal.

Con que finalidades se tratan os seus datos persoais?

No caso das persoas que se rexistren no Portal como persoa usuaria, os datos trataranse coas seguintes finalidades:

  • Tramitar as solicitudes de alta como persoa usuaria rexistrada na área privada do Portal a fin de facilitarlle o acceso a todas as funcionalidades do mesmo.

  • Xestionar a subscrición a servizos de envío de información, segundo as súas preferencias sinaladas.

  • Posibilitar a compra dos produtos ofertados e xestionar, no seu caso, o procedemento de compra en todos os seus pasos (pedido, pago, envío...).

Respecto dos datos das persoas representantes das librarías, os datos serán utilizados para:

  • Tramitar as solicitudes de alta como entidade rexistrada na área privada do Portal a fin de incorporar e dar publicidade aos datos de contacto da libraría no apartado habilitado no Portal.

Cal é a lexitimación legal para o tratamento dos seus datos?

As bases de lexitimación para o tratamento dos datos persoais de conformidade coas finalidades anteriormente indicadas son:

No caso das persoas que se rexistren no Portal como persoas usuarias, as bases de lexitimación serán as seguintes:

  • Para a alta como persoa usuaria, así como a subscrición ao boletín de novas, a base lexitimadora é o consentimento da persoa interesada.

  • Para xestionar a compra dos produtos ofertados e posterior xestión do procedemento de compra en todos os seus pasos (pedido, pago, envío...), a base lexitimadora é o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos baseada na Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.

No caso das librarías, respecto dos datos das persoas representantes, a base lexitimadora para o tratamento dos datos será:

  • Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos baseada na Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.

A que destinatarios se comunican os seus datos?

No suposto de realizar unha compra a través do Portal, os datos poderán ser comunicados á Axencia Tributaria de Galicia para a xestión do pago e devolución dos produtos adquiridos; así como, ás entidades colaboradoras, como prestadores dos servizos necesarios para acadar as finalidades detalladas anteriormente, tales como empresas de mensaxería e transporte.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

O tratamento de datos persoais para as finalidades descritas manterase durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade da súa recollida, manténdoos posteriormente bloqueados conforme o previsto na lexislación vixente para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición destas, transcorrido o cal procederase á súa eliminación.

Cales son os seus dereitos e como pode exercitalos?

En atención ao establecido na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, indícanse a continuación os dereitos que lles asisten ás persoas usuarias desta Web e a canle prioritaria para o seu exercicio:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información e, de ser o caso, sobre o dito tratamento.

  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.

  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.

  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.

  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.

  • Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.

  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no/a interesado/a ou lle afecte significativamente de modo similar.

  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte a licitude do tratamento previo á súa retirada.

Canles de solicitude do exercicio dos dereitos:

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A
  • Presencial: presentando a súa solicitude asinada e por escrito en calquera das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás administracións públicas, indicando os seus datos identificativos e o dereito que desexa exercitar.

Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos como autoridade de control (www.aepd.es).

Pódese modificar a Política de privacidade?

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

Onde se pode obter máis información?

Pode acceder a máis información sobre o tratamento de datos persoais na Xunta de Galicia a través de https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal os xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.

  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.

  • Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación da persoa usuaria polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.

  • Cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no Portal co fin de introducir melloras nel.

  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

CookieTipoTemporalidadeTitularidadeFinalidade
SESSIONIDTécnicaSesiónPropiaIdentificar a sesión activa de navegación.
xestion_cookiesTécnicaSesiónPropiaControlar a visualización e aceptación do propio aviso de xestión de cookies.
_gaAnalíticaPersistenteAllea
Condicións do servizo
Distinción entre persoas usuarias
_gidAnalíticaTemporalAllea
Condicións do servizo
Distinción entre persoas usuarias
_ga_<id>AnalíticaPersistenteAllea
Condicións do servizo
Mantén o estado da sesión
Outras cookies en uso por Google AnalyticsAnalítica
Personalización
Funcionalidade
Persistente
Temporal
Allea
Condicións do servizo
Diferenzan ás persoas visitantes e analizan o seu comportamento en liña
VISITOR_INFO1_LIVEFuncionalidadeTemporalAllea
Condicións do servizo
Permite detectar e resolver problemas co servizo
YSCSeguridadeSesiónAllea
Condicións do servizo
Garantir que as solicitudes de navegación proveñan dunha persoa e non doutros sitios
VimeoSocialTemporalAllea
Condicións do servizo
Usadas para amosar os contidos da rede no widget
_GRECAPTCHASeguridadeTemporalAllea
Condicións do servizo
Permite diferenciar ás persoas dos bots
_rspkrLoadCoreFuncionalidadeSesiónAllea
Condicións do servizo
Comproba a carga do módulo de lectura
ReadSpeakerSettingsPersonalizaciónTemporalAllea
Condicións do servizo
Garda as preferencias de uso

Transferencia Internacional de datos de cookies propias:

  • Non se teñen previstas transferencias internacionais de datos.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle de que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.

'