Atoparei nesta web todas as publicacións da Xunta?
Este portal reúne as publicacións editadas pola Xunta de Galicia dende o ano 2005 ata a actualidade e dá acceso á súa adquisición, descarga ou localización no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Como busco unha publicación?
Podes facer uso do buscador da portada ou, se necesitas orientación sobre a busca, podes acceder directamente a "O catálogo", onde dispoñemos dun buscador avanzado que permite combinar diferentes criterios: palabras do título ou da sinopse, nome dos/as autores/as, ano de edición, temática, tipo de publicación, lingua, dispoñibilidade para a compra etc. Ademais, ofrecémosche as nosas propias suxestións para descubrir títulos dos nosos fondos.
Que opcións teño para acceder a unha publicación?
A Libraría ofrece estas tres opcións:
Como podo informarme das novidades que publica a Xunta?
O apartado “Novidades” deste portal inclúe as últimas publicacións que a Xunta vai editando e incorporando á Libraría. Se che interesa un tipo de publicación en concreto (dunha determinada temática, por exemplo), podes configurar alertas personalizadas que che permitirán recibir avisos na túa conta da web ou no correo electrónico cada vez que apareza algunha publicación nova que cumpra eses criterios.
Como podo crear alertas personalizadas?
As alertas personalizadas permiten recibir avisos cada vez que se engada ou se modifique no catálogo unha publicación do teu interese. Para crealas, tes que entrar en "A miña conta", na pestana de configuración das alertas. Nese panel poderás establecer os criterios que consideres: por palabras clave, temática, tipo de publicación ou dispoñibilidade. Dende ese mesmo apartado poderás consultalas, actualizalas ou eliminalas en calquera momento.
Como podo gardar as miñas publicacións favoritas?
Todas as publicacións do catálogo da Libraría dispoñen da icona dunha estrela. Se premes sobre ela, gardarase automaticamente na túa conta, na pestana de publicacións favoritas.
Como podo comprar a través desta web?
Para comprar publicacións na Libraría Institucional é imprescindible que te deas de alta como usuario/a. As publicacións que se poden mercar son as que teñen na súa ficha a icona do carro da compra. Ao premer sobre esa icona, engádense directamente ao teu carro, que podes consultar ao premer sobre a icona do carro do menú principal. Dende a páxina á que accedes podes actualizar a listaxe de publicacións e mais tramitar a compra, que se realiza en 3 pasos:
O pagamento realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria da Xunta de Galicia. Os métodos de pagamento aceptados son os indicados no apartado “Taxas e prezos” da súa web.
Podo pedir publicacións desde calquera lugar do mundo?
Actualmente só é posible realizar envíos a España (Península, Ceuta e Melilla, Baleares e Canarias).
Canto custa o envío?
Os gastos de envío varían en función do peso do pedido:
Non é posible enviar pedidos de máis de 25 kg.
Canto tardará en chegar o meu pedido?
O prazo previsto de entrega é de ata 10 días laborables, contados desde a constancia por parte da Administración do pagamento efectuado pola persoa compradora. En todo caso, o prazo máximo de entrega será de 30 días.