Podo solicitar o envío dunha publicación gratuíta?
Si, cun límite de 2 exemplares por publicación para cada usuario/a. Para recibila só será necesario aboar os gastos de envío correspondentes.
As publicacións gratuítas que se poden adquirir son as que teñen como prezo 0.00 € e a icona do carro da compra neutralizada.
Podo devolver unha publicación comprada en liña?
Si, calquera persoa ten dereito a desistir da compra e deixala sen efecto nun prazo de 15 días naturais. Para as librarías, o prazo de devolución é de 90 días. En todo caso, só é posible devolver pedidos completos, non só parte deles.
Que podo facer se unha publicación está esgotada ou descatalogada?
Se unha publicación está esgotada ou descatalogada non será posible mercala. Non obstante, ten en conta que pode estar dispoñible igualmente para a descarga dixital ou que podes localizala nas bibliotecas públicas.
As publicacións da Xunta só se venden a través deste portal?
Non. Tamén se poden adquirir en librarías convencionais e outros puntos de venda de publicacións. Mesmo existen algunhas publicacións que non se atopan á venda nesta web, especialmente coedicións entre a Xunta de Galicia e empresas editoriais.
Represento a unha libraría ou a un establecemento comercial. Como podo adquirir publicacións da Xunta para a súa posterior venda?
A partir da aparición da Libraría Institucional, este portal convértese na canle única para a adquisición de publicacións da Xunta de Galicia por parte de librarías e outros establecementos e puntos de venda, para a súa posterior venda ao público.
Se representas a un establecemento comercial deste tipo e estás interesado/a en distribuír publicacións editadas pola Xunta de Galicia, podes adquirilas a través deste portal, gozando dun desconto do 50 % sobre o prezo total, IVE incluído. Para gozar dese desconto, tes que darte de alta como libraría. Xunto cos datos da empresa e persoais, deberás achegar unha copia do documento que acredite a alta no IAE no epígrafe correspondente. Na sección "Información para librarías" e en "Condicións de uso" dispós de todos os detalles ao respecto.