Información para librarías

Este portal web é a canle para a adquisición de publicacións da Xunta de Galicia por parte das librarías e outros establecementos e puntos de venda. Se representas un establecemento comercial deste tipo e estás interesado/a en distribuír publicacións editadas pola Xunta de Galicia, podes adquirilas a través deste portal, cun desconto do 50 % sobre o prezo total, IVE incluído. Este desconto non se aplica a publicacións dixitais en liña (por exemplo, ebooks).

Rexistrar a libraría

O primeiro paso para adquirir publicacións da Xunta de Galicia co desconto correspondente para librarías é rexistrar o teu establecemento. Diríxete á páxina de rexistro de librarías e completa os datos. Ademais da información da entidade, os datos de acceso e os datos de contacto, terás que acreditar a situación de alta no IAE na epígrafe correspondente. Para iso achegarase copia de certificado de situación no censo de actividades económicas da AEAT, expedido pola Axencia Tributaria.

Cando se aprobe a túa solicitude de alta como libraría, recibirás un correo electrónico no que se che informará de que xa tes a conta activada. A partir dese momento podes realizar as compras co desconto establecido.

Adquirir publicacións

Coa excepción do rexistro e o desconto, o proceso para adquirir publicacións réxese polas mesmas condicións de venda que para calquera cidadán/á, tanto no que se refire ao sistema de pagamento, coma ao método e prazos de envío. Lembra que:

  • O pagamento realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria da Xunta de Galicia. Os métodos de pagamento aceptados son os correspondentes a “Taxas e prezos”.
  • Os gastos de envío (IVE incluído) son de 2 € para paquetes de ata 2 kg e de 5 € para paquetes de máis de 2 kg e menos de 25 kg. Non é posible enviar paquetes de máis de 25 kg.
  • Só se realizarán envíos a España (Península, Ceuta e Melilla, Baleares e Canarias).

Devolucións

No caso das librarías, o prazo de devolución será de 90 días. Só se poderán devolver pedidos completos: non se admite a devolución parcial dun pedido.

Consulta o resto de condicións de devolución na páxina de condicións de uso.

Contacto

Para calquera dúbida relacionada co pago a través da Oficina Virtual Tributaria, contacta co Centro de Atención a Usuarios:

  • por teléfono: 981 541 300 

Para calquera outra dúbida sobre o funcionamento deste portal como canle de adquisición de publicacións para as librarías, podes poñerte en contacto coa Libraría Institucional da Xunta de Galicia a través dos seguintes medios:

  • mediante o formulario de contacto
  • por correo electrónico: libraria [at] xunta.gal (libraria[at]xunta[dot]gal)
  • por teléfono: 981 545 962 (de 9 a 15 h, de luns a venres, agás festivos)