A Libraría Institucional da Xunta de Galicia ofrece tres opcións:
- A descarga gratuíta no formato dixital máis axeitado, que pode variar segundo o caso: pdf, epub, zip, mp3 etc.
- A adquisición de exemplares, tamén de publicacións non venais. Xunto co prezo da publicación, a persoa compradora ten que facerse cargo dos gastos de envío. No caso de publicacións non venais que estean dispoñibles para a súa distribución, pódense obter pagando só os gastos de envío.
- A localización das publicacións no catálogo de bibliotecas públicas dependentes da Secretaría Xeral de Cultura, que inclúe a Biblioteca de Galicia, as nodais, bibliotecas de arquivos e de museos xestionados pola Xunta, as municipais de Ferrol, a do Consello da Cultura Galega e as fundacións Vicente Risco e Manuel María. A ficha de cada publicación inclúe unha ligazón a unha busca automática nese catálogo, o que permite á persoa usuaria da libraría institucional localizar exemplares da publicación do seu interese nas bibliotecas.