Como podo comprar a través desta web?

Para comprar publicacións na Libraría institucional é imprescindible darse de alta como usuario. As publicacións que se poden adquirir son as que teñen na súa ficha un símbolo de carriño da compra coa expresión “Engadir á miña compra”. Unha vez que a persoa usuaria engadiu os produtos do seu interese, pode dirixirse ao apartado do menú “A miña compra”, onde atopará a relación de produtos engadidos. Pode modificar o número de exemplares que desexa recibir, quitar algúns ou baleirar a cesta. Co botón “Tramitar a compra” iníciase o proceso de compra. O pagamento realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria da Xunta de Galicia. Os métodos de pagamento aceptados son os correspondentes a “taxas e prezos” que se poden consultar na web da Axencia Tributaria de Galicia. O envío só se realizará logo de ter confirmación do pagamento.