Represento a unha libraría ou a un establecemento comercial. Como podo adquirir publicacións da Xunta para a súa posterior venda?

A partir da aparición da Libraría Institucional, este portal web convértese na canle única para a adquisición de publicacións da Xunta de Galicia por parte de librarías e outros establecementos e puntos de venda para a súa posterior venda ao público. Se vostede representa a un establecemento comercial deste tipo e está interesado/a en distribuír publicacións editadas pola Xunta de Galicia, pode adquirilas a través deste portal, gozando dun desconto do 50 % sobre o prezo total, IVE incluído. Para gozar dese desconto, ten que darse de alta como libraría aquí. Xunto cos datos da empresa e persoais, ten que achegar unha copia de documento que acredite a alta no IAE no epígrafe correspondente. Ten máis información aquí.