As alertas permiten recibir avisos cada vez que se engade ou se modifica unha publicación que cumpra determinados criterios. En "A miña conta", na pestana "Configuración de alertas", pode establecer se quere recibir alertas e se quere que lle cheguen ao correo electrónico. A continuación pode definir os criterios:
- Combinación de temática, tipoloxía e dispoñibilidade, marcando como mínimo unha temática.
- Palabras clave: escollendo unha palabra ou palabras que poden aparecer en calquera campo da publicación.
Se así o marcou, recibirá as notificacións no correo electrónico. En todos os casos, na pestana "Alertas" de "A miña conta" poderá consultar todas as alertas.