Catálogo

Amosando 229 - 240 de 2809

Cartel (electrónico e impresión dunha unidade): convócase o IX Concurso universitario de curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, dirixido ao alumnado matriculado durante o curso 2023/24 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia. A finalidade é promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón, entendida como acto voluntario e altruísta

Tríptico (electrónico): coas bases do VI Concurso de Carteis dirixido a rapaces e rapazas do curso escolar 2023/24, que ten como tema a doazón e os transplantes. A finalidade é achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que os máis novos sexan capaces de valorar os beneficios que o fomento da doazón ten para a cidadanía.

Tríptico (electrónico ): convócase o IX Concurso universitario de curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, dirixido ao alumnado matriculado durante o curso 2023/24 nas Universidades do Sistema Universitario de Galicia. A finalidade é promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón, entendida como acto voluntario e altruísta.

Autor/a
Villalba García
Antonio
Autor/a
Ortega Iñarrea
María
Autor/a
Abella Rey
Emilio
Autor/a
Iglesias Estepa
David
Lingua/s
Galego

O coñecemento sobre a recuperación de zonas produtivas de moluscos aínda é moi escaso e hai moita marxe para seguir adiante coa innovación e mellora; isto é especialmente certo para o caso do berberecho común. O presente documento pretende sinalar as pautas e os puntos clave, con base no nivel de coñecemento actual, que considerar no deseño e execución dun programa deste tipo. Non se trata en absoluto dun documento pechado, senón que cumprirá ir actualizándoo na medida en que se vaian abordando experiencias.

Temáticas

Publicación periódica na que se recolle un amplo inventario de ocupacións que requiren dunha habilitación profesional para traballar. Aparecen referencias normativas, encadramento dentro dunha familia profesional e, se é o caso, a posibilidade de adquirir algunha delas a través de certificados de profesionalidade. O informe actualízase sempre que se produzan cambios normativos que modifiquen ou amplíen este contido.

 


 

Neste informe sobre o paro de longa duración o Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo analiza en forma de traballo monográfico a situación das persoas paradas de longa duración en Galicia, un dos colectivos que contan con atención prioritaria nas políticas de emprego debido á súa especial vulnerabilidade e as dificultades que presenta para inserirse no mercado de traballo, proporcionando información das principais variables que configuran o seu ámbito social laboral.

Guía actualizada para empresas, axentes sociais e operadores xurídicos eminentemente práctica, enfocada a clarificar as dúbidas que poidan existir durante as distintas fases de negociación, deseño e aplicación dun plan de igualdade. Ao longo deste documento profundízase tanto na normativa aplicable a cada fase do proceso coma na xurisprudencia e na doutrina máis relevante, dando resposta a preguntas frecuentes e a supostos prácticos reais.

Guía actualizada para empresas, axentes sociais e operadores xurídicos eminentemente práctica, enfocada a clarificar as dúbidas que poidan existir durante as distintas fases de negociación, deseño e aplicación dun plan de igualdade. Ao longo deste documento profundízase tanto na normativa aplicable a cada fase do proceso coma na xurisprudencia e na doutrina máis relevante, dando resposta a preguntas frecuentes e a supostos prácticos reais.