Catálogo

Amosando 1 - 12 de 1444
Autor/a
Olmo
Santiago
Coautor/a
Murría
Alicia
Coautor/a
Medina
Pedro
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Este volume analiza a traxectoria conxunta de Concha Jerez e José Iges, desenvolvida durante máis de tres décadas arredor do concepto de resignificación. Desde prácticas inicialmente diferenciadas —visual e sonora—, ambos converxen nun territorio intermedio onde a linguaxe, a imaxe, o son e o espazo se entrelazan. A súa obra, a través de instalacións, performances e radioarte, aborda cuestións como a censura, a manipulación dos medios de comuniciación e a vixilancia. Inserido nas correntes conceptuais e experimentais que teñen a súa orixe nos anos sesenta do século pasado, a obra de Jerez e Iges explora a resignificación como estratexia capaz de reconfigurar significados e de abrir novas interpretacións críticas.

Temáticas
Entidade
Museo de Belas Artes da Coruña
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición conmemorativa do falecemento de Emilia Pardo Bazán. Recolle os fondos das doazóns e legados vinculados coa familia Pardo Bazán e relacionados directamente coa escritora. Inclúe ademais outros fondos da colección que mostran a personalidades do seu círculo privado e social dentro do ámbito da Coruña do seu tempo.

15,00 €
Lingua/s
Galego

Nº 18 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. Hamlet, príncipe de Dinamarca, está tratando de asimilar a morte de seu pai e a rápida voda de súa nai con seu tío. Esta sensación de anguria existencial vaise ver multiplicada cando reciba a visita da pantasma de seu pai e el lle asegure que a súa morte foi provocada polo seu propio irmán. Hamlet vese obrigado a vingar a morte de seu pai, pero a aceptación desa misión non lle resultará fácil. O maior atranco non será outro que a súa propia conciencia, que lle fai adiar continuamente o intre de pasar á acción e converterse nese heroe vingativo que seu pai lle ordenou ser.

Autor/a
Veiga González
Marta
Autor/a
Pereda Ríos
Ana
Autor/a
Ocón Moraleda
Emilia María
Autor/a
Rodríguez Pérez
Digna
Autor/a
García García
Mariana
Autor/a
Pérez Suárez
Luís
Lingua/s
Galego

A guía técnica de reprodución humana asistida do Servizo Galego de Saúde recolle os procedementos de diagnóstico e tratamento dos problemas de esterilidade e a aplicación de técnicas de reprodución humana asistida. Os seus obxectivos son: axudar os profesionais na toma de decisións, reducir a variabilidade na práctica clínica, facilitar o acceso ás técnicas de RHA, fomentar a equidade, aumentar o grao de satisfacción dos usuarios, aumentar a taxa de bebés sans.  

Monográfico cara a unha estratexia galega para a lonxevidade. Os cinco capítulos deste monográfico coinciden nun diagnóstico común: Galicia non pode limitarse a xestionar o avellentamento, debe liderar a construción dunha sociedade lonxeva, cohesionada, equitativa e innovadora.

20,00 €
Coordinador/a
Picone
Philippe
Lingua/s
Castelán
Francés
Galego
Inglés

Número dezasete de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título “Iacobus Harmonicus: Santiago, Compostela e a música”, o volume que presentamos aos nosos lectores reúne artigos especializados en musicoloxía. O obxectivo é abrir, por vez primeira, os estudos composteláns á perspectiva musicolóxica e histórica máis ampla posible, para examinar “Santiago, Compostela e a música” coa idea de ecos e harmonías sonoras que resoan cunha historia milenaria e que xa están presentes nas paisaxes sonoras contemporáneas. Turismo de Galicia e a S.A de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúas partes monográfica e xeral.

Autor/a
Rodríguez
Carina
Autor/a
De la Torre
Cristina
Lingua/s
Galego

Valdeorras é unha comarca vitivinícola do interior de Galicia, que conserva un patrimonio arquitectónico popular único no país: as covas de viño. Este libro é unha oportunidade para coñecelas dende unha mirada técnica, histórica, cultural e social, e é o resultado da investigación realizada durante dous anos polas súas autoras.

Informe no que se presenta o estado actual do desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) nas empresas galegas, que permite coñecer a relación entre o compromiso das empresas coa RSE e o desempeño económico que pode derivarse das prácticas responsables ou outros efectos na vida das empresas; e coñecer cal é o estado actual do compromiso das empresas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Igualdade
Lingua/s
Galego

Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2025 e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).

 

 

Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Triñanes Pego
Yolanda
Autor/a
Gómez Salgado
Patrcia
Lingua/s
Castelán

O trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) é unha enfermidade neuropsiquiátrica que afecta gravemente a calidade de vida. En casos graves e refractarios a tratamentos farmacolóxicos explóranse opcións como a estimulación cerebral profunda (ECP). A través dunha revisión sistemática, realizada no marco dun proxecto de Living Evidence, identificáronse 12 ensaios clínicos aleatorizados cruzados (112 pacientes), que avaliaron o uso da ECP activa (ON) en comparanza coa ECP simulada (OFF). Os resultados amosaron reducións na gravidade do TOC (medida coa escala E-BOCS) na comparación ON vs OFF. Informouse dun total de 52 eventos adversos graves en 57 pacientes. A evidencia sobre outras variables, como a calidade de vida ou a función cognitiva, foi limitada.

Autor/a
Casteleiro Roca
Mª del Pilar
Autor/a
Nión Seijas
María del Carmen
Autor/a
Trillo Carlin
María Elisa
Lingua/s
Inglés

A presente Guía práctica de lesións por queimadura (Guía práctica nº 5, 2ª edición) intégrase dentro da Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde, de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do programa Úlceras Fóra.
Esta segunda edición confórmase como unha síntese das últimas actualizacións da evidencia científica arredor das mellores intervencións asistenciais e prácticas preventivas na abordaxe das lesións por queimadura.
A Guía está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e é coordinada desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.