Hamlet
Nº 18 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. Hamlet, príncipe de Dinamarca, está tratando de asimilar a morte de seu pai e a rápida voda de súa nai con seu tío. Esta sensación de anguria existencial vaise ver multiplicada cando reciba a visita da pantasma de seu pai e el lle asegure que a súa morte foi provocada polo seu propio irmán. Hamlet vese obrigado a vingar a morte de seu pai, pero a aceptación desa misión non lle resultará fácil. O maior atranco non será outro que a súa propia conciencia, que lle fai adiar continuamente o intre de pasar á acción e converterse nese heroe vingativo que seu pai lle ordenou ser.