Catálogo

Amosando 1 - 12 de 72
25,00 €
Autor/a
Álvarez López
Cristina
Autor/a
Combarro
Nicolás
Autor/a
Delgado
Miguel Ángel
Autor/a
Olmo
Santiago
Autor/a
Pagán
Alberte
Autor/a
Parés
Luis E.
Autor/a
Vinyes Albes
Marina
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Novos imaxinarios profunda na creación cinematográfica recente en España e Portugal, e contextualízaa no marco dunha reflexión sobre o cinema máis alá da pantalla, onde as salas do museo proporcionan un lugar específico para proxectar novos imaxinarios. Organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), esta mostra acolle propostas, ben inéditas ou ben presentadas por primeira vez en Galicia, de Oliver Laxe, Susana de Sousa Dias, Albert Serra, Helena Girón e Samuel M. Delgado, Lois Patiño, Salomé Lamas, Isaki Lacuesta e Laida Lertxundi. No seu formato expositivo, cada cineasta articula novas obras que debuxan parábolas cinematográficas con propostas instalativas que ocupan dous andares do museo; son novas linguaxes que nos achegan realidades desde unha perspectiva contemporánea, á vez que nos mostran as posibilidades narrativas e físicas dun medio en constante reinvención.

15,95 €
Autor/a
Labraña
Carlos
Lingua/s
Galego

O carteiro de Ximaraos, de Carlos Labraña, conforma o número 29 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2024, a obra fala dunha situación nada doada que viven moitas crianzas, como é o feito de convivir cun familiar doente, e do conflito interxeneracional que os separa, temática que o autor aborda dun xeito sensible, coidado e con profundidade. A importancia da memoria, a tradición e a transmisión do legado familiar están presentes na obra.

 

 

18,50 €
Autor/a
Pérez
AveLina
Lingua/s
Galego

Incidencia muller pedra, de AveLina Pérez, conforma o número 20 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2024, Incidencia muller pedra é un canto á liberdade do individuo, unha reflexión sobre o animal que levamos dentro, domesticado pola lei do home (ese home que perverte a natureza das cousas). A través dunha proposta dramatúrxica sinxela, baseada na acción verbal, preséntanos personaxes complexos, cheos de arestas, que convidan á reflexión a través das súas palabras e os seus silencios. Ponse en valor unha voz de muller non normativa, construída sen apelar a lugares comúns, a perspectivas ortodoxas. Mediante unha linguaxe sólida, de enorme riqueza estética, a autora tece unha historia singular e lúcida que foxe do convencional e se nos presenta coma unha construción teatral emocionante, delicada e profundamente intelixente.

Incidencia muller pedra, de AveLina Pérez, conforma ou número 20 dá colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dous premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2024, Incidencia muller pedra é un canto á liberdade do individuo, unha reflexión sobre ou animal que levamos dentro, domesticado pola lei do home (ese home que perverte a natureza dás cousas). A través dunha proposta dramatúrxica sinxela, baseada na acción verbal, preséntanos personaxes complexos, cheos de arestas, que convidan á reflexión a través dás súas palabras e vos seus silencios. Ponse en valor unha voz de muller non normativa, construída sen apelar a lugares comúns, a perspectivas ortodoxas. Mediante unha linguaxe sólida, de enorme riqueza estética, a autora tece unha historia singular e lúcida que foxe do convencional e preséntallenos coma unha construción teatral emocionante, delicada e profundamente intelixente.

15,00 €
Autor/a
Conde
Lorena
Lingua/s
Galego

Nº 16 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
A burra, a mesa e o pau, unha produción do Centro Dramático Galego dirixida por Lorena Conde, preséntase como “o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crer os contos das avoas que as promesas dos patróns”, segundo palabras da súa directora. Un texto que fala de ilusións, de ambicións modestas, de delirios, de desclasamento, de vivir para o traballo e aínda así non dar vivido; de como a clase obreira galega soña con golpes de sorte no canto de confiar na súa forza transformadora como colectivo.

15,00 €
Lingua/s
Galego

Trátase do número 17 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Nada se sabe, unha produción do Centro Dramático Galego e Culturactiva Producións, constitúe unha proposta integradora e única no contexto teatral galego tanto polo elenco, integrado por dúas actrices e dous actores con diversidade funcional, como polo tema, que aborda diversas versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose na adaptación moderna e sinxela que asina Manuel Lourenzo a partir de Filoctetes, unha das traxedias de Sófocles.

17,00 €
Autor/a
Freire Rial
Andrea
Lingua/s
Galego

Manchea, de Andrea Freire, conforma o número 20 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do XVI premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil (edición 2024), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nesta disparatada e sorprendente aventura. Esta é unha historia en verso, pero tamén en prosa, de estereotipos e autoafirmación, de discriminación e inclusión. Os protagonistas, a través da amizade e a confianza en si mesmos, comezarán a cuestionarse os condicionamentos familiares e sociais para descubrir que non é necesario falar para atoparen a súa propia voz.

9,00 €
Autor/a
Labraña
Carlos
Lingua/s
Galego

O faro, de Carlos Labraña, conforma o número 21 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do XVI premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade adulto (edición 2024), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, O faro é unha peza teatral profundamente evocadora, unha mostra da potencialidade da linguaxe dos monicreques para tratar temáticas duras e de alcance universal. Cunha linguaxe escénica expresiva e minimalista, a obra realiza unha reflexión atemporal sobre o papel dos individuos fronte a eventos que definen a súa existencia. O faro, reafirma, deste xeito, o poder do teatro como ferramenta de resistencia e de lembranza, facéndonos ver que, en ocasións, a única solución para combater as sombras é apagando a luz.

15,00 €
Lingua/s
Galego

Número 15 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Os actos e as profecías inventa un universo arredor dos talent shows como espazo de xogo para falar da familia, das expectativas e das decisións vitais marcadas pola procura do éxito. Os talent shows conteñen moitas fendas vitais con potencialidade para amosar os puntos de fricción entre a vida e os soños, entre a vida desexada, soñada, idealizada e o presente. A necesidade de ser, de amosarse, de gañar, de triunfar. As urxencias da vida, dos coidados, as dificultades. A confrontación, en definitiva, dos soños propios co contorno. Mais no fulgor televisivo atopamos tamén unha invitación á celebración a pesar de todo. A sorrir e brillar e tirar para diante aínda que o chan estea abrindo baixo os nosos pés.

15,00 €
Lingua/s
Galego

Nº 14 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas á escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. Manuela Rey is in da house nace da necesidade de dar a coñecer e reivindicar a figura de Manuela Rey, conmemorar e celebrar a vida e a traxectoria artística dunha das figuras máis destacadas do teatro galego e que levou consigo a esencia e a memoria da nosa terra aos escenarios da terra que a acolleu: o veciño Portugal. Manuela Rey, Manuela Lopes Rey, é máis que unha liña no libro de rexistro de enterramento do Cemitério dos Prazeres de Lisboa. É un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa da aldea de San Vicente de Trigás en 1842, e acaba na Praça da Figueira de Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa, de Galicia a Portugal. Seiscentos setenta e un quilómetros e 23 anos de vida. Vinte e tres anos de teatro.

98,20 €
Lingua/s
Castelán
Galego

O libro “Memoria Xacobeo 21-22" recolle os eventos máis destacados da programación deseñada pola Xunta de Galicia para o Ano Santo 2021-2022. A cultura (música, exposicións, audiovisual, concertos etc.), o pensamento, o aspecto social etc., conformaron unha programación especial para un Xacobeo diferente, condicionado pola COVID-19, que obrigou a repensar e reformular esta programación.

9,00 €
Autor/a
Baños de Cos
José Luis
Lingua/s
Galego

Nas nubes, de José Luis Baños de Cos, conforma o número 19 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade adulto (edición 2022), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva de cara a unha posta en escena para monicreques, na que se mestura a intervención dos manipuladores cos personaxes. Remite a un rexistro teatral no que os obxectos cobran un gran valor, tanto na súa dimensión plástica como simbólica, integrando temáticas como a obsolescencia e a dixitalización da conduta humana. Nas nubes propón unha situación futurista e distópica na que dous guías dun museo lle amosan a un público erudito obxectos da era “predixital”. O conflito místico destes guías, que senten que son bolboretas, ou que se transfiguraron nese animal, queda aberto, deixando no espectador a reflexión sobre os avances tecnolóxicos e o futuro da humanidade.

15,00 €
Autor/a
Mejuto Rial
Eva
Lingua/s
Galego

Os contos do Lobicán, de Eva Mejuto, conforma o número 18 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil (edición 2022), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Os contos do Lobicán é unha proposta estética adaptada con rigorosidade ao teatro de monicreques; unha historia en verso, áxil, divertida e atrevida que busca darlle a volta ao conto, que combina personaxes e universos temáticos propios dos contos clásicos con temáticas de actualidade, nomeadamente o respecto pola natureza e a convivencia pacífica e respectuosa entre os seres humanos e os animais.