Catálogo

Amosando 13 - 24 de 72
7,00 €
Autor/a
Otero Ferreiro
Ana P
Autor/a
Baamonde Boquete
Sergio Domingo
Lingua/s
Galego

A finalidade desta publicación é dar a coñecer e sistematizar os aspectos máis importantes da normativa actualmente vixente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, nomeadamente o Decreto 226/2022, do 22 de decembro, polo que se regulan determinados aspectos da organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e actividades recreativas e se constitúe o Rexistro de Empresas e Establecementos.
Esta guía inclúe, entre outros aspectos, a regulación das instalacións portátiles e desmontables, o capital mínimo que deben cubrir as pólizas de seguros de responsabilidade civil, os elementos de asistencia sanitaria e os dispositivos de vixilancia, o dereito de admisión, a venda de entradas e abonos, a información e publicidade ou o Rexistro de Empresas e Establecementos.

13,00 €
Autor/a
Torres
Xohana
Lingua/s
Galego

Nº 13 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.

Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal de Xohana Torres co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais coa proposta dramatúrxica dos directores Gonçalo Guerreiro e María Torres.

Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais, a especulación urbanística, a depredación do medio natural e o desarraigamento.

15,50 €
Autor/a
Carreira
Ana
Lingua/s
Galego

Nin me amoles, de Ana Carreira, conforma o número 28 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2022, a obra aborda temas determinantes na sociedade contemporánea en relación coa infancia. Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón; que aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa nai, que, aínda presente, nunca pode xogar con ela. Pero un día, ao volver da escola, da súa mochila sae Nin, trasno ou trasna segundo lle pete, a quen só Lola pode ver. Entre xogos e reviravoltas, Nin apréndelle á nena outro xeito de enfrontarse aos problemas.

16,50 €
Autor/a
Castro Paredes
Fernando
Lingua/s
Galego

O traxe, de Fernando Castro Paredes, conforma o número 27 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2022, a obra O traxe é un monólogo dramático que, facendo uso do humor negro, nos presenta un personaxe inquietante e complexo que, levado ao límite polas circunstancias, decide mostrarse ao mundo tal como é, pois xa nada ten que perder. Unha comedia cruel sobre a intolerancia, a violencia reprimida, a incomunicación e a morte.

13,50 €
Director/a
Madeira
Rui
Director/a
Barcala
María
Director/a
Lago
Xúlio
Director/a
Rey
Sara
Director/a
Cadaval
Quico
Adaptador/a
Snegurchenko
Volodymyr
Adaptador/a
Carreira
Ana
Adaptador/a
Abad de Larriva
Ana
Adaptador/a
Conde
Lorena
Autor/a
a partir de textos de William Shakespeare
Lingua/s
Galego

Nº 12 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas á escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. Shakespeare en Roma nace como unha oportunidade para unir tres momentos da historia: o presente, o período isabelino e a Roma clásica, a través da guerra, da violencia e da loita polo poder que guían o destino dos personaxes. Shakespeare, na súa prolífica obra, achegouse en catro ocasións ao mundo clásico cos textos Tito Andrónico (1594), Xulio César (1599), Antonio e Cleopatra (1607) e Coriolano (1609), catro pezas nas cales o autor sitúa a acción no Imperio Romano para, dende o seu tempo, reflexionar sobre o poder.

14,00 €
Autor/a
Pérez
AveLina
Director/a
Pazos
Marta
Lingua/s
Galego

A obra Ás oito da tarde, cando morren as nais, é un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción. Aquí, a procura da identidade individual, amparada na masa superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar, supostamente, de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos. A acción ten lugar, sobre todo, no patio de butacas. A relación entre a actriz e o público. A recepción. As expectativas desde o baleiro. O mundo posmoderno. Os coñecementos inútiles. A soidade. A violencia. E outra vez o baleiro.

15,50 €

Nº 10 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.

Logo do éxito de Fariña, o espectáculo teatral, Nacho Carretero volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé A. Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría. Recortes, caneos e outras formas de driblar é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e da música.

10,50 €
Autor/a
Bouzas
Belén
Autor/a
M. Buceta
Diego
Autor/a
Martínez
Fran
Lingua/s
Galego

Nº 8 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. "Serva me, servabo te" fala do hoxe, de nós, de como afrontarmos xuntos as ondas do presente. O título, Serva me, servabo te (axúdame e axudareiche, en latín), coloca na escena a loita dos corpos contra as marusías da historia. Corpo, voz e espazo como elementos básicos e primixenios da expresión teatral. Unha viaxe á procura de novos retos e na que o risco, a xenerosidade e o traballo comprometido da compañía Pálido Domingo, aos mandos da creación, teñen como resultado unha proposta fermosa e desafiante.

Axencia Galega das Idustrias Culturais. Memoria 2021 é unha recompilación en textos e fotografías da actividade realizada polo devandito ente instrumental da Xunta de Galicia ao longo do pasado ano. Estrutúrase en tres bloques temáticos, que se corresponden cos sectores culturais obxecto da competencia da Agadic: artes escénicas, audiovisuais e música, ademais dun cuarto apartado dedicado a accións de carácter transversal. A última parte contén distintas táboas e anexos de datos e cómputos, onde se relacionan as subvencións concedidas, os principais programas culturais promovidos e mais os convenios asinados.

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus do mesmo título, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.

A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes acaban sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, analizando como estes se enfrotan á praga e lle buscan un sentido á súa situación: primeiro, nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que, por fin, logran controlala e, daquela, desaparece. Entón o pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor Rieux, que, tras o sacrificio fútil e a perda dalgúns seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.

16,00 €
Autor/a
Varela
Carme
Lingua/s
Galego

As desterradas, de Carme Varela, conforma o número 26 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia, As desterradas conta os días finais do mosteiro bieito de San Salvador de Albeos, no actual concello de Crecente.

A peza adéntrase no enfrontamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos e faino desde o lado das perdedoras, dando voz a aquelas que foron silenciadas, que foron xulgadas sen se poderen defender. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de mulleres que constituían unha reserva de independencia feminina e que viron como o seu mundo caía a cachos ante o poder avasallador da Coroa de Castela.

14,00 €
Autor/a
Losada Galiñáns
Carlos
Lingua/s
Galego

Pois eu!, de Carlos Losada Galiñáns, conforma o número 16 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XIV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para rapaces (edición 2020), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, en Pois eu! a compañía de monicreques de Filipa ensaia a súa nova montaxe en que as xentes da vila da Costeira deben facer fronte á avaricia dos señores do castelo, os Lagartorius, e atopar o xeito de ser donas do seu propio destino. Namentres, o cabaleiro andante Filiberto de Cavalcanti, a Sibila de Cumas, metamorfoseada por un feitizo nun corcel branco, e o trobador Andrés de Costeira tentan retomar o control das súas vidas.