Un hotel de primeira sobre o río
13,00 €
Sinopse
Nº 13 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal de Xohana Torres co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais coa proposta dramatúrxica dos directores Gonçalo Guerreiro e María Torres.
Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais, a especulación urbanística, a depredación do medio natural e o desarraigamento.
Ficha técnica
ISBN-13
978-84-453-5450-6
Editorial
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Cultura
Santiago de Compostela
Ano de edición
2023
Edición
1ª
Lingua/s
Galego
Ilustracións
cor
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
53
Medidas
13
20
Temáticas