A peste: Inspirada na novela de Albert Camus dirección e dramaturxia Cándido Pazó

13,50 €
Sinopse

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus do mesmo título, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.

A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes acaban sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, analizando como estes se enfrotan á praga e lle buscan un sentido á súa situación: primeiro, nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que, por fin, logran controlala e, daquela, desaparece. Entón o pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor Rieux, que, tras o sacrificio fútil e a perda dalgúns seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.

Ficha técnica

ISBN-13
978-84-453-5412-4
ISBN-13
978-84-124754-0-1
Editorial
Consellería de Cultura, Educacion e Universidade, Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC
Santiago de Compostela
Ano de edición
2022
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
Colección do Centro Dramático Galego
Ilustracións
cor
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
151
Medidas
14
20