Plan de acción para o fortalecemento da humanización na asistencia sanitaria da Área Sanitaria de Vigo

Autor/a
Adrio Corbal
Montserrat...et al.
Sinopse

O Plan de acción para o fortalecemento da humanización na asistencia sanitaria da Área Sanitaria de Vigo é unha iniciativa do Servizo Galego de Saúde para consolidar unha atención centrada nas persoas. Foi elaborado por 69 profesionais e recolle 25 accións estruturadas en catro eixes: relación entre as persoas, procesos asistenciais centrados no/na paciente, espazos e servizos de apoio e integración coa sociedade. O plan busca mellorar a comunicación, formar os profesionais en habilidades humanizadoras, avaliar a satisfacción de pacientes e persoal e adaptar os espazos para facelos máis acolledores. En conxunto, pretende consolidar unha cultura baseada no respecto, a empatía e a dignidade para facer da Área Sanitaria de Vigo un referente en atención sanitaria humanizada.

Ficha técnica

Editorial
Servizo Galego de Saúde, Área Sanitaria de Vigo
Vigo
Ano de edición
2025
Edición
1ª
Lingua/s
Galego
Volumes
1
Páxinas
60
Medidas
21
30