Catálogo

Amosando 217 - 228 de 2809

O Déficit de Alfa-1 Antitripsina (DAAT) é unha alteración xenética identificada como o trastorno hereditario máis frecuente en adultos, caracterizada por niveis reducidos de alfa-1 antitripsina circulante, que predispón á afectación pulmonar, hepática e máis raramente cutánea e/ou circulatoria sistémica. A atención dunha persoa con DAAT é complexa, con distintas necesidades identificadas e moitos retos aínda por diante. Por tal motivo, proponse a elaboración deste documento, para que sexa de axuda na toma de decisións a calquera dos médicos implicados, desde o seu diagnóstico ata o seu seguimento, cunha perspectiva integral entre os servizos de pneumoloxía, AP, enfermería, farmacia hospitalaria (FH), incluíndo taména visión do paciente.

0,00 €
Autor/a
López Loureiro
Ignacio
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Casal Acción
Beatriz
Lingua/s
Castelán

O cancro de mama é unha enfermidade de grande impacto no sistema sanitario. O programa de detección de tecnoloxías novas e emerxentes do Ministerio de Sanidade busca priorizar tecnoloxías que melloren o manexo desta doenza. O uso de marcadores metálicos na disección axilar dirixida (DAD) seleccionouse como unha tecnoloxía nova que permite extraer selectivamente tecido axilar afectado. Como resultado da extracción selectiva redúcense os efectos secundarios e mellórase a calidade de vida das pacientes. A evidencia publicada sobre os marcadores metálicos describe unha taxa de falsos negativos inferior ao 10 %, límite marcado polos expertos para o emprego da DAD. Sería necesaria a súa avaliación comparativa co sistema actualmente utilizado para coñecer a súa seguridade e efectividade relativas.

Autor/a
Grupo de traballo: Díaz Candamio
Mª Jesús
Autor/a
Foo Gil
Keith Albert
Autor/a
López Castro
Alejandro [èt.al.].
Lingua/s
Galego

Este documento ten como obxectivo establecer protocolos de solicitude de probas de imaxe en patoloxía de ombreiro ante a elevada demanda de probas de imaxe. A súa finalidade é garantir que estas se soliciten de forma adecuada (redución de estudos innecesarios, de exposición á radiación, de atrasos nos tempos de espera) e evitar un aumento dos custos sanitarios.

Autor/a
Grupo de traballo: Díaz Candamio
Mª Jesús
Autor/a
Foo Gil
Keith Albert
Autor/a
López Castro
Alejandro [èt.al.].
Lingua/s
Castelán

Este documento ten como obxectivo establecer protocolos de solicitude de probas de imaxe en patoloxía de ombreiro ante a elevada demanda de probas de imaxe. A súa finalidade é garantir que estas se soliciten de forma adecuada (redución de estudos innecesarios, de exposición á radiación, de atrasos nos tempos de espera) e evitar un aumento dos custos sanitarios.

O presente documento intégrase dentro dunha colección de protocolos que corresponden coa adaptación ao contexto do Servizo Galego de Saúde das sucesivas guías publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE), para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os, concretando os seus contidos no ámbito das ostomías.
Este protocolo está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e está coordinado desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.

Autor/a
Fuentes Losada
Alberto
Autor/a
López Linares
Sofía
Autor/a
López-Pardo Pardo
M.Estrella [et.al.].
Lingua/s
Galego

A Estratexia galega de saúde fixa prioridades comúns para abordar desde os distintos eidos da política sanitaria: saúde pública, asistencia e investigación.
O documento recolle 20 programas e 100 liñas de actuación destinadas a afrontar os retos de futuro da nosa sanidade.
As prioridades marcadas buscan coordinar o sistema para deseñar políticas de saúde que preveñan a aparición das enfermidades, que aceleren o diagnóstico no caso de aparecer, que personalicen ao máximo a atención e o tratamento dos enfermos e que integren do xeito máis áxil posible todas as innovacións científicas e tecnolóxicas que vaian xurdindo.

Autor/a
Santiago Nieto
María Vanesa
Autor/a
Gil Valiño
Alicia
Autor/a
Valcárcel Nogueira
José Antonio
Lingua/s
Galego

Infografía para o fomento da notificación espontánea por parte da cidadanía. Obxetivo: busca implicar e empoderar a cidadanía para que saiban que poden notificar as sospeitas de reacción adversas aos medicamentos. Informando o que é prioritario notificar, como facelo e mellorar a calidade da información recibida. A través de imaxes e do código QR. A infografía foi feita utilizando recursos de lectura fácil, lexibilidade e contraste de cor adecuado para chegar ao maior número de persoas. Finalmente, búscase detectar novas reaccións adversas a través da detección de sinais das notificacións realizadas. Todo isto axuda a que a utilización dos medicamentos sexa máis segura.

0,00 €
Autor/a
Fuentes Losada
Alberto
Autor/a
López Linares
Sofía
Autor/a
López-Pardo Pardo
M.Estrella [et.al.].
Lingua/s
Castelán

A Estratexia galega de saúde fixa prioridades comúns para abordar desde os distintos eidos da política sanitaria: saúde pública, asistencia e investigación.
O documento recolle 20 programas e 100 liñas de actuación destinadas a afrontar os retos de futuro da nosa sanidade.
As prioridades marcadas buscan coordinar o sistema para deseñar políticas de saúde que preveñan a aparición das enfermidades, que aceleren o diagnóstico no caso de aparecer, que personalicen ao máximo a atención e o tratamento dos enfermos e que integren do xeito máis áxil posible todas as innovacións científicas e tecnolóxicas que vaian xurdindo.

Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos así como os resultados no período 2022,

Cartel (electrónico e impresión dunha unidade): convócase o IX Concurso universitario de curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, dirixido ao alumnado matriculado durante o curso 2023/24 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia. A finalidade é promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón, entendida como acto voluntario e altruísta.

Tríptico (electrónico): coas bases do X Concurso de Curtametraxes dirixido a rapaces e rapazas do curso escolar 2023/24, que ten como tema a doazón e os transplantes. A finalidade é achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que os máis novos sexan capaces de valorar os beneficios que o fomento da doazón ten para a cidadanía.

Cartel (electrónico e impresión dunha única unidade): convócase o VI Concurso de Carteis dirixido a rapaces e rapazas do curso escolar 2023/24, que ten como tema a doazón e os transplantes. A finalidade é achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que os máis novos sexan capaces de valorar os beneficios que o fomento da doazón ten para a cidadanía.