Guía coa que a Fundación Galicia Europa presenta de maneira breve e precisa as distintas fontes de financiamento comunitario dispoñibles, salientando os aspectos clave na preparación e o desenvolvemento de proxectos europeos.
Guía coa que a Fundación Galicia Europa presenta de maneira breve e precisa as distintas fontes de financiamento comunitario dispoñibles, salientando os aspectos clave na preparación e o desenvolvemento de proxectos europeos.
No Informe 2022 da Cooperación Galega dáse conta de todas as actuacións que se levaron a cabo ao longo do exercicio 2022, en cumprimento do Plan anual 2022 da Cooperación Galega, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 3 de febreiro de 2022, logo de recibir o informe favorable do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento na súa reunión plenaria do 20 de xaneiro, e de conformidade co previsto nos artigos 83.4 e 87.2 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.
Catálogo de empresas e establecementos funerarios onde se recollen de forma clara, e por orde cronolóxica, todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.
Este catálogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.
A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta.
O tomo primeiro, co título A recuperación dun sitio histórico/ Historia e memoria fai un percorrido pola historia das illas, San Simón e San Antonio (situadas ao fondo da Ría de Vigo), desde a Prehistoria á Idade Contemporánea, con participación de varios autores. Dedícase un capítulo aos estudos arqueolóxicos desenvolvidos nas illas e ao establecemento e á historia arquitectónica do lazareto, e ao estudo e recordo dos feitos e persoas que viviron nas illas cando estas eran unha cadea para os presos políticos tras a guerra civil. Todo cunha ampla mostra fotográfica e de imaxes antigas das diferentes épocas das cales queda imaxe gráfica
O tomo segundo da obra, co título A recuperación dun sitio histórico/Plan director de rehabilitación afronta, tras unha presentación do arquitecto galego César Portela, o citado Plan director das illas, un mapa de ambas as dúas e un estudo individualizado por cada un dos edificios e os seus contornos, con planos e profusión de fotografías. A seguir, unha serie de colaboracións, con reportaxes fotográficas das illas, os seus contornos e espazos exteriores, das esculturas e da vexetación botánica, xunto a fermosas imaxes das illas na noite. Varios estudos e as traducións para o castelan e ó inglés.
Xúntase á obra un vídeo en formato DVD, de algo máis de 40 minutos, que recolle, con opción lingüística de galego, castelán e inglés, os temas tratados nos libros. Un repaso histórico e un estudo pormenorizado dos elementos incluídos no plan director.
Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunha caixa a modo de encadernación o que favorece e facilita a súa conservación.
Informe xeral de actividade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no ano 2015, na que, tras unha breve reseña da natureza e función desta axencia pública autonómica, exponse a actividade desenvolvida durante o exercicio 2015, así como os principais logros acadados.
Adaptación en papel do material didáctico en liña dos cursos de linguaxe xurídica galega. Neste manual recóllese o material teórico, os exercicios e información complementaria para a realización do curso. Material para uso didáctico nas clases presenciais.
Adaptación en papel do material didáctico dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica. Neste manual recóllense os modelos de documentos e orixinais incorrectos comentados cos erros máis frecuentes. Material para uso didáctico nas clases presenciais.
O Dicionario xurídico galego recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas (arredor de 2000) nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e de xeito especial, termos e institucións propias do Dereito Civil de Galicia. A obra foi redatada por 120 autores, organizados en seis áreas: Dereito civil, notariall e rexistral, penal, social, procesual e teoría do dereito. Este dicionario pretende en palabras de Luciano Varela ser "util para entender entre eles, cando menos, os que traballan no ámbito xurídico, sen perda do significado especializado dos termos nin do sentido dos enunciados usados nos escritos e conversas.
Adaptación en papel do material didáctico en liña dos cursos de linguaxe xurídica galega. Neste manual recóllese o material teórico, os exercicios e información complementaria para a realización do curso. Material para uso didáctico nas clases presenciais.
Nova edición do curso de Linguaxe Administrativa de nivel medio, que se utiliza nas actividades de formación dos empregados públicos a través da EGAP ou das Escolas Oficiais de Idiomas.
Nova edición do curso de Linguaxe Administrativa de nivel superior, que se utiliza nas actividades de formación dos empregados públicos a través da EGAP ou das Escolas Oficiais de Idiomas.
Resumo das actuacións da Xunta de Galicia en materia de cooperación ó desenrolo no ano 2012.