Catálogo

Amosando 1 - 12 de 59
Entidade
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Coordinador/a
Rodríguez Galdo
María Xosé
Lingua/s
Galego

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica inicia, coa publicación deste primeiro dossier Mobilidade e migracións en Galicia, a colección de monografías temáticas que o Plenario do observatorio tivo a ben aprobar na sesión do 29 de novembro de 2023. Nos anteriores informes deste observatorio sobre a situación demográfica de Galicia, de 2018 e 2023, a análise dos movementos migratorios ocupa un lugar destacado en consonancia, por unha parte, coa nosa propia historia migratoria e, de maneira particular hoxe en día, coa preocupación por afondar no seu significado no contexto dun acusado cambio poboacional e social.

No Informe 2022 da Cooperación Galega dáse conta de todas as actuacións que se levaron a cabo ao longo do exercicio 2022, en cumprimento do Plan anual 2022 da Cooperación Galega, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 3 de febreiro de 2022, logo de recibir o informe favorable do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento na súa reunión plenaria do 20 de xaneiro, e de conformidade co previsto nos artigos 83.4 e 87.2 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.

Entidade
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Coordinador/a
Rodríguez Galdo
María Xosé
Lingua/s
Galego

Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en novembro de 2023. O informe analiza de forma extensa ao longo de seis capítulos os aspectos fundamentais da situación demográfica de Galicia, tendo unha parte final dedicada a unha análise DAFO-CAME e varios Anexos.
Consonte coa misión do Observatorio téntase achegar unha resposta a preocupación polas dinámicas demográficas non só dos xestores públicos e privados senón tamén dun cada vez máis amplo sector da cidadanía galega. Quérese avanzar na interpretación e alcance dos comportamentos demográficos, evitando as visións curtopracistas .
Un Informe das características do aquí presentado nútrese en boa medida das fontes de datos e indicadores elaborados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) e polo INE (Instituto Nacional de Estadística), e tamén da recompilación das distintas series elaboradas por consellerías e organismos da Xunta de Galicia e por entidades provinciais e locais así como por diversos organismos ministeriais do Goberno de España. Da súa utilización, e da inclusión puntual dalgunha outra fonte de datos como Eurostat, dáse conta nos distintos epígrafes.

Entidade
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Coordinador/a
Rodríguez Galdo
María Xosé
Lingua/s
Galego

Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en xullo de 2018. O informe, estruturado en dúas partes, analiza polo miúdo os procesos do cambio demográfico en Galicia, polo que adquire especial relevancia a inclusión de todos aqueles aspectos relacionados coa súa modernización social e demográfica (roles de xénero, estruturas familiares, seguridade ante a morte, aumento do capital humano, produtividade do traballo, relacións interxeracionais etc.). Esta primeira parte remata con anexos con informes, estatísticas e referencias que completan e amplían a información.
Na segunda parte, e baseándose na metodoloxía DAFO-CAME, analízanse e detéctanse as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que, en materia demográfica, afectan a Galicia.

Entidade
Vicesecretaría Xeral de Apoio á Empresa
Lingua/s
Galego

Catálogo de empresas e establecementos funerarios onde se recollen de forma clara, e por orde cronolóxica, todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais, incluídos os de competencia municipal dos concellos adheridos ao Sistema de atención ao investimento.
Este catálogo deberá actualizarse permanentemente e supón unha gran simplificación para as empresas e, en particular, para as persoas emprendedoras, que poderán consultar os trámites que lles serán exixidos pola Administración autonómica, o que supón facilitar a comprensión, a planificación e a tramitación da parte administrativa.

Entidade
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Coordinador/a
Rodríguez Galdo
María Xosé... [et al.]
Lingua/s
Galego

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica elaborou este informe que presentou ao Parlamento de Galicia en xaneiro de 2021 no que se fai unha diagnose da nosa dinámica poboacional. Este informe complementouse cun segundo documento co título Galicia perspectivas demográficas, (Segunda parte.-Análise DAFO e CAME) que buscaba ofrecer unha serie de conclusións axustadas á realidade demográfica de Galicia. No citado traballo quedou patente que Galicia, como o conxunto de España, completou hai décadas o seu proceso de transición demográfica e segue a estar inmersa na serie de transformacións características da segunda transición demográfica ligada ao incremento da mobilidade e a importantes cambios sociais, económicos e de valores. Neste contexto de profundas transformacións sitúase a pandemia da Covid-19 con indicadores de recesión que non se coñecían desde hai moitas décadas.
O informe reflexiona sobre a necesidade de que este cambio non pode ser puramente tecnolóxico, senón que ten que ir acompañado dun cambio educativo e cultural, como se reclama desde moi diversas instancias.

13,00 €

A obra é o catálogo da exposición feita polo Arquivo de Galicia que, baixo o título Camiños, paisaxe e patrimonio, pretende ser un percorrido polas grandes vías de comunicación que conducen a Santiago a través de documentos que amosan a súa variedade de paisaxes e bens, tanto mobles como inmobles ou inmateriais.
No catálogo recóllese a totalidade dos documentos expostos e dos documentos explicativos que os acompañan e ten como finalidade potenciar a difusión da exposición.

18,00 €
Prologuista
Escrigas
Guillermo
Lingua/s
Castelán
Galego

Mariana de Neoburgo, alemá de nacemento, foi a raíña de España desde 1989 ata 1770. Converteríase, por un lado, nunha figura política española de finais do século XVII, a través do seu matrimonio co rei Carlos II (1661 – 1700) e, por outro, nunha soberana pouco querida polo pobo español pola súa orixe estranxeira e a súa natureza fachendosa. Este volume é un facsímile de 11 impresos do século XVII sobre a viaxe da raíña por Galicia.

Catálogo da exposición que recolle a experiencia da viaxe da autora relacionándoa co xogo da oca, para espertar unha antiga comparanza entre peregrinación e xogo iniciático (Camiño de Santiago e xogo da oca).Inclúese un estudo científico sobre as alegorías do home como peregrino na terra.