Catálogo

Amosando 1 - 12 de 49
Autor/a
Gómez Salgado
Patricia
Autor/a
Triñanes Pego
Patricia
Autor/a
Faraldo Vallés
María José [et.al.].
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste estudo foi identificar as necesidades de información e preferencias das e dos responsables da toma de decisións a nivel macro, meso e micro con respecto aos produtos de avaliación de tecnoloxías sanitarias (ETS) elaborados pola Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde. Segundo as e os participantes consultados en grupos focais online, os produtos de ETS percíbense como útiles, rigorosos e de alta calidade. Entre as propostas de mellora destacan: incluír información contextual nos informes de avaliación; mellorar a difusión, especialmente dos produtos de tecnoloxías sanitarias novas e emerxentes; perfeccionar a presentación de resultados dos informes de avaliación económica; e, mellorar a incorporación de pacientes e persoal experto no desenvolvemento de informes.

Autor/a
Vázquez Castelo
AM
Autor/a
Maceira Rozas
MC
Autor/a
Pawlowska Pawlowska
E [et.al.].
Lingua/s
Castelán
Inglés

A parada cardiorrespiratoria extrahospitalaria (PCR-EH) é unha situación médica grave que ocorre fóra do hospital, caracterizada pola cesación da actividade do corazón e a ausencia de circulación sistémica. A pesar dos avances nas técnicas de reanimación cardiopulmonar e desfibrilación temperá, as taxas de supervivencia seguen sendo baixas. Neste contexto, a oxixenación por membrana extracorpórea (ECMO) emerxe como una posible estratexia terapéutica para mellorar os resultados en pacientes que sofren unha PCR-EH. O obxectivo desde estudo é avaliar a efectividade, seguridade e os custos da utilización da ECMO en PCR-EH que non pode ser revertida con métodos convencionais.

0,00 €
Autor/a
López Loureiro
Ignacio
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Casal Acción
Beatriz
Lingua/s
Castelán

O cancro de mama é unha enfermidade de grande impacto no sistema sanitario. O programa de detección de tecnoloxías novas e emerxentes do Ministerio de Sanidade busca priorizar tecnoloxías que melloren o manexo desta doenza. O uso de marcadores metálicos na disección axilar dirixida (DAD) seleccionouse como unha tecnoloxía nova que permite extraer selectivamente tecido axilar afectado. Como resultado da extracción selectiva redúcense os efectos secundarios e mellórase a calidade de vida das pacientes. A evidencia publicada sobre os marcadores metálicos describe unha taxa de falsos negativos inferior ao 10 %, límite marcado polos expertos para o emprego da DAD. Sería necesaria a súa avaliación comparativa co sistema actualmente utilizado para coñecer a súa seguridade e efectividade relativas.

0,00 €

A Guía de Práctica Clínica sobre o Manexo da Depresión no Adulto publicouse no ano 2014, formando parte do Programa de Guías no Sistema Nacional de Saúde. O propósito desta guía era mellorar a atención prestada aos pacientes con depresión no ámbito de atención primaria e hospitalaria, a través de recomendacións, un algoritmo terapéutico, indicadores de calidade e información para pacientes e familiares. O tempo transcorrido desde a súa publicación, a nova evidencia publicada e a magnitude do problema fan relevante a súa revisión. O obxectivo deste informe é documentar o procedemento para a revisión da vixencia da guía e os principais resultados e conclusións do grupo de traballo.

Autor/a
Balboa Beltrán
Elvira
Autor/a
Triñanes Pego
Yolanda
Autor/a
Faraldo Vallés
María José
Autor/a
Mejuto Martí
Teresa
Lingua/s
Castelán

Os resultados do presente informe, que ten por obxecto sintetizar a literatura referente á efectividade das intervencións non farmacolóxicas (INFs) dirixidas aos lugares de traballo non sanitarios no control da diseminación da COVID-19, suxiren a efectividade destas durante a 1ª onda da pandemia, a pesar de que existen importantes limitacións xa que os estudos son de tipo ecolóxico e a implementación conxunta de diferentes NIFs dificultou a estimación do seu efecto individual.

0,00 €
Autor/a
López Loureiro
Ignacio
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Casal Acción
Beatriz
Lingua/s
Castelán

Esta ficha de avaliación de tecnoloxías emerxentes avalía o grao de desenvolvemento da crioterapia para a prevención da neuropatía periférica secundaria a quimioterapia (CIPN, siglas en inglés). A ficha analiza aspectos relativos á efectividade (en variables como dor ou calidade de vida), a seguridade ou os custos. A evidencia é ampla, mostrando que o uso de crioterapia poderá previr ou diminuír a gravidade dos síntomas da CIPN. Con todo, hai que destacar a limitación no uso do dispositivo que supón a baixa tolerancia por parte dos pacientes á crioterapia mediante luvas e calcetíns conxelados. Novos dispositivos con maior control da temperatura (refrixeración líquida e criocompresión) está en desenvolvemento o que poderá axudar a mellorar o papel da crioterapia na prevención da CIPN.

Autor/a
Rey Castiñeira
Lorena
Autor/a
Triñanes Pego
Yolanda
Autor/a
Casal Acción
Beatriz
Lingua/s
Castelán

O cancro de vexiga non músculo invasivo caracterízase por unha alta taxa de recorrencia e progresión da enfermidade. O tratamento individualízase en función do risco de cada paciente. As opcións terapéuticas dispoñibles inclúen a Mitomicina e o Bacilo de Calmette-Guérin. Esta última opción presenta problemas de desabastecemento ou de resistencia, entre outros; polo que existe interese en técnicas que aumenten a eficacia da Mitomicina como a quimiohipertermia intravesical condutiva. Actualmente as guías de práctica clínica non recomendan esta técnica por falta de proba sobre a súa eficacia.

0,00 €
Autor/a
Grupo de elaboración:
Autor/a
Álvarez Ariza
María
Autor/a
Bilbao Garmendia
Eva
Autor/a
González García
Amparo [et.al.].
Lingua/s
Castelán

As autolesións convertéronse nas últimas décadas nun importante problema de saúde pública na adolescencia, cun importante impacto a nivel individual, familiar e social. O obxectivo xeral deste traballo é elaborar un documento baseado na evidencia científica e no consenso de expertos que permita unha mellor avaliación e un manexo clínico das autolesións na adolescencia.

0,00 €
Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Autor/a
Paz Valñas
Lucinda
Lingua/s
Castelán

A termoplastia bronquial (TB) é un procedemento de ablación das vías respiratorias cuxo obxectivo é mellorar o control da asma e a calidade de vida. Está indicado para o tratamento da asma grave que non responde ao tratamento farmacolóxico habitual; realízase en tres sesións e de forma ambulatoria. A evidencia suxire que a TB podería ser moderadamente beneficiosa nalgúns pacientes, pero non está exenta de riscos. Durante as primeiras semanas tras a intervención, o risco de complicacións que necesitan hospitalización ou visitas a urxencias é maior que o tratamento farmacolóxico, pero estas diferenzas desaparecen co tempo.

0,00 €
Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Autor/a
Cuntín González
Marta
Autor/a
Faraldo Vallés
Mª José
Lingua/s
Castelán

Os sistemas portátiles de diálise domiciliaria (HDD) están deseñados para que os pacientes realicen o seu tratamento de diálise no seu domicilio. Son equipos compactos e lixeiros que lle permiten ao paciente adaptar as sesións de diálise ás súas necesidades e estilo de vida. Aumentan a autonomía e independencia, melloran a integración familiar, social, laboral e escolar; non necesitan realizar modificacións no domicilio e as versións máis recentes permiten a telemonitorización.
Comparado con outras técnicas de diálise (peritoneal e hospitalaria), os estudos, aínda que de baixa calidade, demostran que a HDD presenta un perfil de seguridade e efectividade favorable.

0,00 €

A avaliación da terapia con ventosas aplicada a patoloxías diferentes das osteomusculares realizouse dentro do Plan para a protección da saúde fronte ás pseudoterapias. A técnica consiste na aplicación de ventosas (copas), sobre a pel en diferentes puntos do corpo que son quentadas previamente para xerar un baleiro ou poden estar conectadas a un dispositivo que xere este baleiro de forma automática. Ten diferentes indicacións, da cales son as condicións non osteomusculares as estudadas neste informe. Os estudos presentan erros, polo cal non se recomenda o uso da terapia con ventosas en ningunha das súas modalidades e en ningunha das indicacións.

0,00 €

O obxectivo desta Guía de práctica clínica é servir como instrumento para mellorar a atención sanitaria das persoas en situación de últimos días e das súas familias, nos distintos ámbitos e centros onde sexan atendidos (atención hospitalaria, atención primaria, atención en domicilio, servizos de urxencias e centros sociosanitarios). Abórdanse as seguintes áreas clínicas: recoñecemento da situación de últimos días, comunicación e información, toma de decisións compartida e desenvolvemento do plan de coidados, hidratación, manexo de síntomas (dor, dispnea, náuseas e vómitos, ansiedade, delirium e estertores) e sedación paliativa. Tamén se inclúe información sobre aspectos ético-legais e un documento de información para familiares e achegados.