Este atlas mostra o resultado da análise da información recompilada polos observadores da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) da Consellería do Mar no período 2000-2018 xunto coa serie histórica da actividade da frota rexistrada nas bases de datos oficiais da administración pesqueira galega.
O atlas componse de dúas seccións; a primeira está dedicada ás vinte modalidades de pesca principais utilizadas pola frota de baixura galega, a segunda sección trata sobre os recursos pesqueiros capturados pola frota nas costas de Galicia.