Atlas concibido como unha guía para a identificación de parasitos e alteracións patolóxicas durante a observación co microscopio óptico de preparacións histolóxicas. Está estruturado en capítulos que conteñen unha breve introducion e microfotografías dos organismos simbiontes ou alteracións patolóxicas obxecto de cada capitulo . Os tres primeiros capítulos inclúen Procariotas, Protozoos e Metazoos. No cuarto capítulo integráronse outros axentes patóxenos que non pertencen a eses tres grupos, e que son minoritarios. O quinto capítulo recolle alteracións patolóxicas.