Fauna Mariña Atlántica: Esponxas do Litoral de Galicia
O libro Esponxas mariñas de Galicia é unha obra divulgativa e de consulta especializada, que pretende achegar a fauna mariña da nosa comunidade dunha maneira nova, isto é, mostrando os animais da maneira na que se atopan no medio natural. As descricións incluídas na obra son o resultado de máis de 10 anos de estudo e recollida de datos que permiten achegar información suficiente como para que calquera persoa que teña interese poida achegarse a este grupo de animais tan descoñecido e, tradicionalmente, só ao alcance dos especialistas. O libro contén información sobre máis de 220 especies de esponxas, acompañadas de máis de 520 fotografías submarinas a toda cor, que complementan as descricións e achegan detalles importantes para a identificación.