Actualización do informe anual da tuberculose, editado polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2022 e evolución do período 1996-2022.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2022 e evolución do período 1996-2022.
A obra de René Heyvaert (Gante, 1929-Scheldewindeke, Bélxica, 1984) é sobria, sinxela e á vez extraordinariamente complexa, ligada tanto ás vangardas históricas como ás súas propias circunstancias vitais. Reflicte a mirada dun artista experimental que tentou buscar, ao clima que deixaba a posguerra mundial, unha saída humana en que a arte e a vida se reconcilian propiciando una certa idea visionaria dunha utopía humilde. Falecido prematuramente á idade de 55 anos, exerceu unha intensa influencia en sucesivas xeracións de artistas do seu país, Bélxica, e é, por outra banda, un artista actualmente en fase de descubrimento e reconsideración. Nesta publicación propoñemos a reconsideración e relectura global da súa obra desde os seus inicios no eido da arquitectura, até o desenvolvemento dun conxunto de obra singular que, desde unha posición profundamente marcada polo illamento derivado dos seus problemas de saúde, demostra un profundo coñecemento sobre as preocupacións e procuras da arte do seu tempo, tanto no seu país de orixe como fóra das súas fronteiras.
Os calendarios acelerados consisten en administrar vacinas con intervalos de tempo entre doses sucesivas acurtados, en persoas con historia de vacinación incompleta ou inexistente, ou que recibisen doses de vacinas con pautas incorrectas. Por tanto, o obxectivo deste documento é servir de instrumento de apoio a profesionais sanitarios con actividades no campo da vacinación que precisen deseñar pautas de vacinación acelerada.
Co presente Plan de atención domiciliaria en atención primaria preténdese reforzar a atención á poboación que, pola súa situación, ten dificultades para desprazarse ao centro de saúde, proporcionándolles información, educación, coidados de calidade e apoio, ao doente e á súa familia, no seu propio domicilio.
Co desenvolvemento da Estratexia galega de saúde comunitaria en atención primaria preténdese tanto facilitar o deseño e a implementación de intervencións comunitarias aos e ás profesionais dos servizos de atención primaria que se inicien neste ámbito, como impulsar e complementar as actividades comunitarias que xa se están a realizar, co obxectivo de reforzar a orientación comunitaria da atención primaria para influír positivamente no estilo de vida e nos determinantes sociais.
Ourense no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na cidade de Ourense. O enfoque expositivo parte da memoria do visitante para deconstruír o espazo urbano e comprender as claves do seu cambio, relacionando as transformacións da cidade coas lembranzas locais. A mostra entende a cidade como un sistema cultural que constrúe parte da identidade dos seus habitantes e explorará esa rede de símbolos, palabras e relatos compartidos que son tamén herdeiros do tempo.
Guía que se insire dentro da colección Guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde (SERGAS); de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do programa Úlceras fóra, que coordina a Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.
Esta guía confórmase como unha síntese das mellores intervencións e prácticas preventivas ou terapéuticas dispoñibles para o coidado das persoas con lesións por queimaduras ou con risco de as padeceren, segundo a práctica clínica baseada na evidencia máis actual.
Actualización de 2024 dos datos do rendemento e da calidade das variedades comerciais de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia.
Cronología jacobea. Una visión de conjunto de las peregrinaciones compostelanas describe cunha óptica diacrónica o desenvolvemento das peregrinacións xacobeas. Desde a súa primeira lectura encarámonos cunha realidade múltiple, con altos e baixos, cunha articulación complexa que reflicte o vaivén da historia e cunha gran sorpresa final: o incontido renacemento das peregrinacións dos nosos días. Un proceso que vemos desenvolverse a través do gran material recollido e ordenado por datas, coas súas correspondentes referencias bibliográficas esenciais, e introducido en cada século polo comentario claro, esencial e certeiro de Francisco Singul —tamén do propio Manuel F. Rodríguez en varios casos—, e prologado por Paolo Caucci von Saucken.
As actas do XII Congreso internacional de estudos xacobeos son o resultado de darlle continuidade ao longo proceso que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago iniciou no ano 1992, abrindo novas fronteiras á investigación. Nesta ocasión, un grupo de profesionais reuniuse na cidade de Santiago de Compostela, do 22 ao 26 de marzo de 2022, co propósito de analizar a peregrinación xacobea das derradeiras décadas; unhas xornadas divididas en tres epígrafes: o saber da investigación, o andar das redes de itinerarios e hospitais, e o crer da espiritualidade e das devocións do Camiño. O congreso pon de manifesto, unha vez máis, a relevancia dos relatores e a calidade e variedade das intervencións, con recoñecidos investigadores de España, Alemaña, Canadá, Italia, Francia, Polonia, Xapón, Grecia e os Estados Unidos.
O obxectivo desta guía é prover as pemes de ferramentas para implantar políticas preventivas e procedementos de actuación fronte a condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral, achega claves para identificar as ditas conductas. Tamén se definen as obrigas e responsabilidades dos axentes involucrados (empresas, persoas traballadoras, representación unitaria e sindical) para prever este tipo de condutas, o tratamento das denuncias que se produzan e as medidas de apoio ás vítimas.
O obxectivo desta guía é prover as pemes de ferramentas para implantar políticas preventivas e procedementos de actuación fronte a condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral, achega claves para identificar as ditas conductas. Tamén se definen as obrigas e responsabilidades dos axentes involucrados (empresas, persoas traballadoras, representación unitaria e sindical) para prever este tipo de condutas, o tratamento das denuncias que se produzan e as medidas de apoio ás vítimas.