Cartel dirixido aos traballadores no cal se informa da existencia de produtos con nanomateriais na construción e a necesidade de coñecer os riscos, formarse e protexerse.
Cartel dirixido aos traballadores no cal se informa da existencia de produtos con nanomateriais na construción e a necesidade de coñecer os riscos, formarse e protexerse.
Folleto que recolle o impacto que poden ter as novas aplicacións das tecnoloxías sobre as persoas traballadoras.
Folleto que recolle o impacto que poden ter as novas aplicacións das tecnoloxías sobre as persoas traballadoras.
Monografía dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia correspondente ao ano 2024, de acordo co tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo Issga como órgano técnico en prevención de riscos laborais.
Folleto que recolle as pautas do Issga e os deberes preventivos relativos ao radon no ámbito laboral. Inclúe un apéndice sobre o Plan nacional contra o radon e un segundo sobre a Estratexia para reducir a exposición ao radon.
Folleto que recolle as pautas do Issga e os deberes preventivos relativos ao radon no ámbito laboral. Inclúe un apéndice sobre o Plan nacional contra o radon e un segundo sobre a Estratexia para reducir a exposición ao radon.
O polígrafo noiés Álvaro de las Casas foi un dos intelectuais galegos máis sobranceiros da primeira metade do século XX. Entre os seus innumerables traballos arredor da nosa cultura, salientan os dedicados á literatura de tradición oral. Neste Caderno Ramón Piñeiro recupérase, en edición facsimilar, un deses valiosos volumes centrados na literatura de transmisión oral: o Cancioneiro popular galego, un texto publicado orixinariamente na diáspora chilena en 1939 e que era ata agora de moi difícil acceso. Como limiar ao facsímile, os profesores José Luis Forneiro e Armando Requeixo dispoñen cadanseu texto introdutorio en que se dá conta da vizosa figura autorial e da peripecia vital de De las Casas.
Edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dentro da colección Olladas no Pasado. Este libro debulla as principais chaves do pensamento socioeconómico de Ramón Piñeiro, un aspecto que permaneceu nas marxes das análises sobre a súa reflexión intelectual e que permite identificar os fundamentos dunha economía humanista de resistencia orientada a promover a prosperidade e benestar do pobo galego a través da saída da situación de «atraso» en que se atopaba. Con todo, este labor non se desenvolveu de xeito illado, senón que se integra nun máis amplo traballo en man común do equipo integrado por Piñeiro, Xaime Isla e Francisco Fernández del Riego.
Este libro da colección Olladas no Pasado, editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, consegue maxistralmente o que se propón: ofrecerlle ao público de hoxe as claves precisas que explican e permiten comprender en toda a súa complexidade tanto a figura, en certo modo inasible, de Johán Vicente Viqueira López (periplo biográfico, formación académica, empresas e anhelos intelectuais, contribucións, textos...) coma o tempo en que viviu.
Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión combinando a práctica da fotografía coa escultura e a instalación.
Coas súas pezas crea atmosferas oníricas en cuxa realidade paralela coexisten a gravidade e a ingravidez, e onde as fronteiras entre o apracible e o tráxico se dilúen para suxerir estados de ánimo que na súa ambigua intensidade integran estes opostos.
As súas paisaxes, compostas por non-lugares de silencio e quietude, fálannos da suspensión do presente e da inmersión nun novo universo gravitacional, onde o tempo se retarda, o instante se alonga e o suxeito devén en natureza.
A escola da noite foi a obra galardoada na sexta convocatoria do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en 2023. Nas páxinas deste ensaio, Aitor Marcos consegue debuxar unha suxestiva e cativadora autobiografía intelectual balizada por multitude de referencias de ámbitos como a filosofía, o cinema ou a literatura universal. Cun rexistro que bascula entre o ensaio, a crítica e o xénero diarístico, Marcos lévanos da man nunha viaxe por algúns dos fitos da arte e da literatura universal, desde Filippo Marinetti, Gordon Matta-Clark, Bas Jan Ader ou Derek Jarman ata Andréi Tarkovski, Tolstoi, Pier Paolo Pasolini, Susan Sontag ou Angélica Liddell.
Parlamentos de xeo, asinada polo doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela Sergio Meijide Casas (A Coruña, 1996), foi a obra gañadora da sétima convocatoria do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en 2024.
Este ensaio formula unha interesante reflexión acerca das transformacións acontecidas na práctica artística coa chegada do novo milenio. Fronte á idea da fin da arte, defendida por algúns pensadores moi recoñecidos, os acontecementos que tiveron lugar nas últimas décadas confirman que a historia da arte non se esgota coa arte pop e as prácticas conceptuais. Hai aínda moitas historias que se poden contar, narrativas abertas como o poscolonialismo, o feminismo ou o ecoloxismo, que non implican peches de ningún tipo, senón paradoxos que fan da tarefa da historia e da teoría da arte un eido de traballo aberto e con infinitas posibilidades.