Cadernos de Fraseoloxía Galega 26

Director/a
González Rey
María Isabel
0,00 €
Sinopse

Cadernos de Fraseoloxía Galega rende homenaxe a fraseóloga cubana María Luisa Ortiz Alvarez no seu número 26 con seis artigos interdisciplinares sobre a fraseodidáctica, a fraseoloxía bíblica, a linguoculturoloxía comparada, as expresións gastronómicas e a fraseotradución asistida por IA xenerativa, en diferentes linguas (portugués, francés, español, italiano...). Na sección “Varia” recóllense dous artigos dedicados á fraseoculturoloxía contrastiva chinesa-francesa e ás expresións figuradas nun contexto hospitalario. No apartado “Recadádivas” preséntase un dicionario galego de linguaxe figurada animal e unha compilación de unidades fraseolóxicas das Cantigas de Santa María. Pechan o número nove apuntas de obras recentes do ámbito fraseolóxgico e unha selección das novidades bibliográficas publicadas en 2024 (Novas).

Ficha técnica

ISSN
2605-4507
Editorial
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Secretaría Xeral da Lingua - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Santiago de Compostela
Ano de edición
2026
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
Cadernos de Fraseoloxía Galega
Ilustracións
non
Volumes
1
Páxinas
606