Cadernos de fraseoloxía galega 22

Director/a
González Rey
María Isabel
0,00 €
Sinopse

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta o seu número 22. Este novo volume está composto por sete artigos de temática moi variada que xiran arredor de cuestións como a variación fraseolóxica diatópica, a didáctica da lingua galega a través dos refráns, a desautomatización fraseolóxica, o tratamento da fraseoloxía nos dicionarios, o refraneiro sobre o mes de outubro nas linguas romances, o tratamento das siglas en situacións comúns heteroxéneas e a influencia do folclore nas unidades fraseolóxicas. Tamén se inclúen dúas recadádivas (a primeira, da fraseoloxía de Xermade e a segunda, do Morrazo), oito recensións e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2020.

Ficha técnica

ISSN
2605-4507
Editorial
Secretaría Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Santiago de Compostela
Ano de edición
2022
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
Cadernos de fraseoloxía galega
Ilustracións
non
Volumes
1
Páxinas
441