Catálogo

Amosando 2725 - 2736 de 2809
0,00 €
Autor/a
Lingua/s
Galego

Neste libro danse as claves de por qué a creatividade é tan importante para acadar un emprego e para o desenvolvemento das empresas actuais. Nun mundo tan cambiante como o que nos tocou vivir, a creatividade e a imnovación son elementos imprescindibles para adaptarse ás necesidades laborais e desenvolver unha boa carreira profesional.

Traballo divulgativo que ao longo das súas páxinas nos achega o estudo integral das rías de Ribadeo, Foz, Viveiro, O Barqueiro e Ortigueira realizado polos investigadores Grupo Rías Altas.

Temáticas

Descrición da orixe e desenvolvemento dos cultivos multitróficos nos países de tradición pesqueira. Explicación divulgativa dos comentarios dos contidos do programa JACUMAR relativo á acuicultura multitrófica e das experiencias realizadas en Galicia nesa materia. Testemuñas e reflexións.

Temáticas

Este libro analiza ao longo das súas páxinas, dun xeito claro e sinxelo, as distintas fases na recría do animal e inclúe unha serie de anexos que serven para profundar un pouco máis nos aspectos máis técnicos. Coa información que se proporciona preténdese facilitar ao gandeiro unha serie de boas prácticas de manexo da recría de xovencas.

A condicionalidade representa un requisito previo para que os produtores poidan beneficiarse das axudas da PAC e de desenvolvemento rural. Debido á importancia dos pastos nas explotacións galegas, é preciso que os produtores coñezan os requirimentos da condicionalidade relativos aos pastos e realicen un aproveitamento axeitado e rendible deste recurso.