A enfermidade renal crónica é un importante problema de saúde pública pola súa elevada prevalencia, a súa importante morbi-mortalidade cardiovascular, e os custos sociais e económicos que supón. As opcións finais do tratamento son a diálise ou un trasplante de riñón, pero existe unha brecha crecente entre o número de doantes e receptores, por iso é necesario aumentar o número e calidade dos órganos trasplantados. A máquina de perfusión pulsátil pode presentar fronte a conservación en frío unha serie de ventaxas que permitan ampliar os criterios do doante e aumentar a produción de doantes de órganos falecidos.