Proceso asistencial. Indicacións apropiadas de técnicas de imaxe cardíaca : Área Sanitaria de Santiago de Compostela e BarbanzaDatos
Sinopse
As técnicas de imaxe cardíaca (Timaxc) experimentaron un grande avance nas últimas décadas. O seu uso no proceso diagnóstico e na toma de decisións terapéuticas con relación ás diferentes patoloxías cardiovasculares creceu de forma exponencial e leva, en ocasións, a un abuso con relación á súa indicación. Co fin de tentar organizar a utilización das Timaxc, as sociedades científicas elaboraron recomendacións de uso apropiado destas. Ademais, nas guías de práctica clínica (GPC) de cada patoloxía recóllese un apartado con relación ao diagnóstico e indícase que técnica se debe de utilizar en cada momento do proceso asistencial e a periodicidade do seu uso. O anteriormente mencionado, unido á tendencia para facer unha medicina defensiva e á crenza de que con máis probas de imaxe se consegue un mellor diagnóstico e tratamento do paciente, fai que sexa imprescindible organizar o uso das Timaxc en cada centro evitando un aumento progresivo do gasto, que pode facer insustentable un sistema sanitario.

