Procedimiento de realización de un electrocardiograma: FEMORADatos
Sinopse
O programa FEMORA recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados constitúe un instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.


