Procedemento de determinación do índice nocello-brazo con doppler arterial: FEMORADatos
Sinopse
O programa Femora recompila procedementos con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados confórmase como instrumento de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.




