Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática | 2

Material textualLírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática | 2
Editor/a literario/a
González
Déborah
Pertence á serie 

Datos

ISSN
2695-3951
Edita: Santiago de Compostela: S. X. de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2020
Edición: 
Lingua: 
2
242 páxinas

Sinopse

A monografía, que corresponde ao nº 2 da serie ArGaMed, reúne unha serie de capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais, con dedicación á lírica trobadoresca, dando prioridade aos enfoques lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Entre as páxinas do volume, o lector poderá encontrar traballos con dedicación a diferentes cuestións lingüísticas. Ademais, convídase o lector a reflexionar sobre a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa, a partir do recoñecemento de estratos scripto-lingüísticos diferentes. Tamén se reflexiona sobre a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco, a partir do exame da localización e autoría das composicións "espurias", de incorporación máis recente. Coa finalidade de ofrecer unha nova hipótese sobre a identidade do autor, tamén se atende a algún problema grave de atribución, entre os aínda persistentes no cancioneiro galego-portugués. Tamén se proporciona unha ampla aproximación á produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística. Así mesmo, lévase a cabo unha avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico, así como do uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco.

Comparte