Illas de San Simón e San Antonio: A recuperación dun sitio histórico

Material textualIllas de San Simón e San Antonio: A recuperación dun sitio histórico

Datos

ISBN-13
978-84-453-4651-8
Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Deporte; Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2008
Edición: 
Ilustracións: 
cor
Tapa dura
Volumes: 
2
30x26cm
Material anexo: 
CD-Rom

Sinopse

A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta.
O tomo primeiro, co título A recuperación dun sitio histórico/ Historia e memoria fai un percorrido pola historia das illas, San Simón e San Antonio (situadas ao fondo da Ría de Vigo), desde a Prehistoria á Idade Contemporánea, con participación de varios autores. Dedícase un capítulo aos estudos arqueolóxicos desenvolvidos nas illas e ao establecemento e á historia arquitectónica do lazareto, e ao estudo e recordo dos feitos e persoas que viviron nas illas cando estas eran unha cadea para os presos políticos tras a guerra civil. Todo cunha ampla mostra fotográfica e de imaxes antigas das diferentes épocas das cales queda imaxe gráfica
O tomo segundo da obra, co título A recuperación dun sitio histórico/Plan director de rehabilitación afronta, tras unha presentación do arquitecto galego César Portela, o citado Plan director das illas, un mapa de ambas as dúas e un estudo individualizado por cada un dos edificios e os seus contornos, con planos e profusión de fotografías. A seguir, unha serie de colaboracións, con reportaxes fotográficas das illas, os seus contornos e espazos exteriores, das esculturas e da vexetación botánica, xunto a fermosas imaxes das illas na noite. Varios estudos e as traducións para o castelan e ó inglés.
Xúntase á obra un vídeo en formato DVD, de algo máis de 40 minutos, que recolle, con opción lingüística de galego, castelán e inglés, os temas tratados nos libros. Un repaso histórico e un estudo pormenorizado dos elementos incluídos no plan director.
Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunha caixa a modo de encadernación o que favorece e facilita a súa conservación.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 
85,00 €

Librarías que distribúen esta publicación

981222442 [field_enderezo_web_link] Correo electrónico
CORUÑA (A) (CORUÑA (A))