Centro Galego de Arte Contemporánea: 25 anos, 1993-2018Datos
Sinopse
Con motivo do seu 25º aniversario, o Centro Galego de Arte Contemporánea edita un volume con textos do seu director, Santiago B. Olmo, e de Iago Seara, unha testemuña privilexiada da historia do museo desde o momento da súa construción. Todo iso acompañado dunha coidada selección de imaxes do edificio deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira para albergar un museo hoxe convertido en referente internacional para o estudo e a reflexión arredor da arte contemporánea.







