
Datos
Sinopse
O proxecto expositivo "Work (always) in progress" formula un discurso secuencial que permite abordar os principais aspectos do traballo de Pedro Cabrita Reis (1956) a través de series representativas como Compounds, Favorite Places, True Gardens ou Floresta nun arco temporal que percorre tres décadas. A mostra articúlase por medio dunha trintena de obras que ocupan o vestíbulo e as plantas baixa e primeira do CGAC, xunto con intervencións site specific no exterior do edificio. As obras reunidas dan conta da súa extensa produción artística, que evidencia o potencial dialéctico do seu traballo, entre referencias a principios construtivistas e procesuais, cuestións formais minimalistas e o uso prominente do obxecto preexistente.