Catálogo Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 23 de marzo ao 25 de xuño de 2023
Catálogo Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 23 de marzo ao 25 de xuño de 2023
Recompilación, tanto bibliográfica coma das experiencias da empresa de base tecnolóxica (EBT) do Laboratorio de Micoloxía da Uvigo, MycoGalicia Plantae, no cultivo de fungos produtores de cogomelos comestibles e de uso micoterapéutico ou nutracéutico, coas indicacións tanto para facelo industrialmente coma na propia casa.
Catálogo da exposición Luz na terra, que conmemora o centenario da fundación SEG como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias dos seu tempo para lograr a modernización da cultura galega e unha proxección exterior desta, conectando ou intercambiando experiencias e publicacións con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.
O número que se presenta pretende, mediante o uso de imaxes, converterse nunha guía rápida de identificación das enfermidades máis importantes da vide en Galicia.
Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2022 e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).
Neste novo número da revista Agroexprés (nº 6) dedicamos a portada e o primeiro artigo ao noso compañeiro de redacción Julio. Ademais, contamos con outros artigos de temáticas variadas que esperemos que vos informen e entreteñan: unha colaboración dunha investigadora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán sobre a prevención dos lumes; dous traballos interesantísimos da Evega; os resultados dun longo ensaio dos investigadores do CIAM; un traballo de colaboración entre o CIAM e o Ligal; e, para rematar, outra colaboración entre o CIAM e a Universidade de Santiago.
Nas nubes, de José Luis Baños de Cos, conforma o número 19 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade adulto (edición 2022), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva de cara a unha posta en escena para monicreques, na que se mestura a intervención dos manipuladores cos personaxes. Remite a un rexistro teatral no que os obxectos cobran un gran valor, tanto na súa dimensión plástica como simbólica, integrando temáticas como a obsolescencia e a dixitalización da conduta humana. Nas nubes propón unha situación futurista e distópica na que dous guías dun museo lle amosan a un público erudito obxectos da era “predixital”. O conflito místico destes guías, que senten que son bolboretas, ou que se transfiguraron nese animal, queda aberto, deixando no espectador a reflexión sobre os avances tecnolóxicos e o futuro da humanidade.
Os contos do Lobicán, de Eva Mejuto, conforma o número 18 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil (edición 2022), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Os contos do Lobicán é unha proposta estética adaptada con rigorosidade ao teatro de monicreques; unha historia en verso, áxil, divertida e atrevida que busca darlle a volta ao conto, que combina personaxes e universos temáticos propios dos contos clásicos con temáticas de actualidade, nomeadamente o respecto pola natureza e a convivencia pacífica e respectuosa entre os seres humanos e os animais.
Informe de datos estatísticos sociolaborais referidos ao ano 2022.
Trátase do catálogo da exposición que perdurará no tempo.
Este libro tenta ofrecer unha simple ferramenta visual de identificación destes rechamantes moluscos pertencentes á orde Nudibranchia, coñecidos popularmente como lesmas de mar ou nudibranquios, mediante fotos realizadas no seu hábitat natural, a toda persoa interesada, tanto profesional como afeccionada, desde biólogos, educadores científicos, mergulladores curiosos, mariñeiros ou ata simples observadores das pozas intermareais.
O libro Esponxas mariñas de Galicia é unha obra divulgativa e de consulta especializada, que pretende achegar a fauna mariña da nosa comunidade dunha maneira nova, isto é, mostrando os animais da maneira na que se atopan no medio natural. As descricións incluídas na obra son o resultado de máis de 10 anos de estudo e recollida de datos que permiten achegar información suficiente como para que calquera persoa que teña interese poida achegarse a este grupo de animais tan descoñecido e, tradicionalmente, só ao alcance dos especialistas. O libro contén información sobre máis de 220 especies de esponxas, acompañadas de máis de 520 fotografías submarinas a toda cor, que complementan as descricións e achegan detalles importantes para a identificación.