Catálogo

Amosando 2509 - 2520 de 2809

O obxectivo que se perseguiu coa elaboración desta guía é a concienciación sobre a importancia dos equipos de protección individual como última barreira entre o/a traballador/a e o risco, presentando un documento sinxelo e de fácil aplicación onde se recollen os aspectos esenciais nos que se debe fundamentar a elección e utilización destes equipos. Así, proporciónanse unha serie de recomendacións que intentan facilitar a elección destes equipos para a súa adecuación ao/á traballador/a nas condicións en que este/esta realiza as súas tarefas.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano 2009. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca a excepción do primeiro capítulo no que se analizan temas de carácter máis transversal como recursos humanos e económicos, igualdade laboral, publicacións, etc.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

0,00 €

Con esta publicación, preténdese achegar á sociedade o papel dos viveiros de empresas de Galicia como axentes de promoción económica e de creación do emprego. Efectivamente, a través da realización deste traballo, resáltase a importancia dos viveiros de empresa no ámbito da creación e consolidación de empresas, pois estamos ante un instrumento de apoio aos xoves empresarios.

O estudo do mercado laboral de Galicia elaborado polo Observatorio das Ocupacións, servizo do Instituto Galego das Cualificacións, pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional, co fin de que teñan un coñecemento pormenorizado sobre a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma, proporcionando para este obxectivo información detallada das principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Operación estatística extraída da información facilitada polos propios interesados sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa así mesmo, sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.