A sección do Turreiro consta de máis de douscentos relatos en galego feitos por Avelino Rodríguez Elías e publicados no xornal El Tea e na revista viguesa Vida Gallega.
A sección do Turreiro consta de máis de douscentos relatos en galego feitos por Avelino Rodríguez Elías e publicados no xornal El Tea e na revista viguesa Vida Gallega.
Atopámonos cun dicionario galego-latino clásico e moderno que achega o galego á lingua latina e a súa cultura. Tamén dá boa conta do estado da nosa lingua mostrando un léxico galego normalizado en todos os eidos. Traballo básico para os latinistas e para todos os estudosos das linguas románicas.
Segunda antoloxía dos capítulos emitidos (07.06.2010-22.04.2011) de Ben falado!, microespazo sobre a lingua galega creado, dirixido e presentado por Xesús Ferro Ruibal e realizado pola produtora Pórtico para a CRTVG por encarga da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Emitiuse de luns a venres en horario de máxima audiencia, a través de todas as canles da TVG, entre o 21 de xullo de 2008 e o 6 de xullo de 2009. A solvencia dos textos (redactados en moitos casos polos mellores especialistas), a presentación visualmente dinámica e atractiva, a audiencia conseguida na primeira emisión televisiva e a constante baixada de vídeos da páxina da CRTVG suxeriron a edición, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dun estoxo cunha selección de 82 capítulos da primeira etapa.
Nova edición do curso de Linguaxe Administrativa de nivel medio, que se utiliza nas actividades de formación dos empregados públicos a través da EGAP ou das Escolas Oficiais de Idiomas.
Nova edición do curso de Linguaxe Administrativa de nivel superior, que se utiliza nas actividades de formación dos empregados públicos a través da EGAP ou das Escolas Oficiais de Idiomas.
Guía visual do Museo Massó. Faise un percorrido pola exposición permanente do museo con textos breves e profusión de imaxes das pezas da colección, en cor, con textos ao pé da imaxe.
Extensa e representativa mostras das imaxes inéditas dun dos fotógrafos máis laureados na historia da fotografía en Galicia.
Catálogo da exposición do pintor César Taboada A música de Epicuro, celebrada na Casa da Parra entre o 20 de novembro de 2013 e o 30 de xaneiro de 2014. Cunha evidente carga narrativa, a súa obra ofrece diversas vertentes e lecturas, que se estenden a novos espazos que o autor inventa.
Son moitos os artistas contemporáneos -desde Marcel Duchamp ou Man Ray a Andy Warhol- que se revelan debedores das actitudes iconoclastas dos dandis, en tanto que personaxes incómodos e críticos co establishment da arte do seu tempo. A pegada que o dandismo, nas súas múltiples facetas, deixou na arte contemporánea é obxecto de análise desta publicación, concibida polos membros do equipo de curadores formado por Rocío Gracia Ipiña, Sergio Rubira e Marta de la Torriente, como complemento da mostra colectiva Sur le dandysme aujourd'hui. Máis que un catálogo de exposición, este libro é unha monografía que recolle as contribucións de reputados especialistas do campo da historia da arte, a literatura e os estudos culturais sobre a figura do dandi en ámbitos como a moda, a cultura popular, a música pop ou punk ou as artes visuais.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou no outono de 2013 dentro das actividades que desenvolveu esta institución no ano indicado.
O primeiro volume recolle as imaxes dos 103 documentos procedentes de diversos artigos seleccionados para a exposición (por motivos de espazo, finalmente só se expoñen 69) e as súas descricións, así como unha introdución e un índice alfabético (onomástico, toponímico e de materias) para a súa recuperación.
Trátase dun folleto divulgativo dos contidos da visita á "Domus do mitreo" en Lugo, cuxa musealización realizouse no contexto da aparición dos restos dunha domus romana e un mitreo cando se facían as obras de rehabilitación do Edificio Pazo dos Montenegro para sede do Vicerreitorado da Universidade de Santiago no Campus de Lugo. O folleto achega ao visitante ao contexto cultural dos restos e fai unha pequena referencia ao uso das distintas estancias.