Catálogo

Amosando 2053 - 2064 de 2809

Este segundo volume contén, ademáis dunha breve introdución, cinco artigos de diversos especialistas que afondan, os uns, sobre a historia da protección do patrimonio cultural en Galicia ata o comezo da actividade da Xunta de Galicia, e os outros, sobre o panorama actual que a xestión deses bens presenta desde o punto de vista da Administración competente na materia.

Autor/a
Vega Camoira
César
Lingua/s
Galego

O Centro Ramón Piñeiro ten xa publicado máis dun título da extensa e polifacética obra do filósofo ourensán Ely Luís André, europeísta e rexeneracionista. Escritor en castelán, deixou porén os seus escritos máis intimistas, os seus versos, en lingua galega. Eses textos poéticos son os que, adecuadamente preparados e anotados por César Camoira, conforman esta entrega poética da Colección Láncara, que revela así a un poeta en lingua galega, ata agora descoñecido, no que é unha edición póstuma.

Edición do número 24 (ano 2014) da revista Croa, órgano de expresión científica e difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborado polo propio centro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve ademais para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

Unidade didáctica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato e realizada dende a perspectiva dunha pedagoxía da igualdade de xénero. A proposta baséase no telefilme A Condesa rebelde, unha aproximación á perxonaxe histórica de Emilia Pardo Bazán. O exemplar impreso acompáñase dun DVD onde consta o filme, un documental sobre Emilia Pardo Bazán, apropia unidade didáctica en versión para o alumnado e para o profesorado e as secuencias da película sobre as que se desenvolve o traballo.

Guía coa información necesaria sobre que facer en caso de ser vítima ou de coñecer un caso de violencia de xénero así como sobre os recursos e axudas existentes na nosa Comunidade Autónoma. Trátase por tanto dunha ferramenta informativa práctica en relación ás distintas posibilidades que a normativa vixente pon ao teu alcance para poder exercer os teus dereitos, tanto a nivel persoal como cara ao maltratador.

Documento que describe o proceso de atención dos pacientes afectos por un trastorno aditivo, centrándose en asegurar unha atención sanitaria de calidade con garantía de atención semellante a calquera outra patoloxía, regulando a forma de acceso dos pacientes a esta prestación sanitaria e asegurando o seu seguimento con criterios de calidade.

Neste informe preséntanse os resultados e principais conclusións dunha enquisa realizada a mulleres que participaron no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. A enquisa foi realizada nos meses de maio e xuño de 2008. Ademais destes resultados preséntase información adicional da evolución experimentada desde 1998.

Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden plantexar sobre a doazón de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos. Edición bilingüe.