Catálogo

Amosando 2017 - 2028 de 2823
0,00 €
Autor/a
Álvarez Herrera
Cristino
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.

28,00 €
Lingua/s
Castelán
Galego

Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a contextualiza. Ten en conta aspectos como a tradición da súa viaxe como peregrino a Compostela, o nacemento da súa orde, a arte do seu tempo, etc. A publicación presenta ademais o catálogo de obra da exposición do mesmo nome, que se inaugurou o 26 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela.

15,00 €
Editor/a literario/a
Pombo Rodríguez
Antón
Tradutor/a
González Trevejo
José Miguel
Autor/a
Zádori
Janos
Lingua/s
Castelán

Tradución para o castelán do libro do autor húngaro János Zádori, eclesiástico e profesor de Teoloxía, que realizou unha viaxe pola España de 1868 e deixou constancia escrita da súa aventura nun libro publicado en Pest ao ano seguinte. Como eclesiástico culto e intelectual que era, incluíu no seu libro un amplo capítulo sobre a súa estancia en Galicia, que contén unha minuciosa descrición de Santiago de Compostela.

10,00 €
Editor/a literario/a
Vlasáková
Katĕrina
Tradutor/a
Vlasáková
Katĕrina
Autor/a
Jirásek
Alois
Lingua/s
Castelán

Tradución do checo a castelán da novela de Alois Jirasek a cargo de Katĕrina Vlasáková. Recrea a viaxe por Europa do barón Lev z Rožmitálu a Blatné e mais da súa comitiva durante os anos 1465-1467, que incluíu unha visita a Santiago de Compostela para continuar despois ata Fisterra, daquela a fin do mundo.