Manual que recolle o curso realizado virtualmente sobre o sector TIC dentro da actividade Academia do Coñecemento do Proxecto LACES (0129_LACES_1_E), no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Publicación que recolle as estatísticas sociolaborais competencia da Secretaría Xeral de Emprego (Subdirección Xeral de Relacións Laborais) e que forma parte do Plan galego de estatística correspondente ao exercicio 2018.
O contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas como ás prácticas de risco e distribución temporoespacial.
Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2019, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en Liña", así como datos da estrutura organizativa, recursos humanos, actividades científicas e novas tecnoloxías incorporadas á empresa, entre outros aspectos do funcionamento da organización.
Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis salientables do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no cal se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2019 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 13 especialidades así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.
O obxectivo desta publicación é recompilar e difundir a información estatística agraria máis importante dos sectores agrogandeiro, alimentario e forestal do ano 2018.
Dentro da campaña de fomento da doazón de órganos e tecidos, os trípticos teñen unha función esencial: introducir de forma positiva a mensaxe de que a doazón de órganos e tecidos soluciona, a través dos transplantes, os males de moitos enfermos. Cada ano centos de persoas morren mentres agardan un transplante que precisan para salvar as súas vidas. Algunha desas vidas poderíase salvar se máis xente se fixese doadora. Estes trípticos vanse distribuír por centros de saúde, hospitais, asociacións de enfermos etc.
Instrución reguladora da campaña de vacinación antigripal 2020, con aspectos técnicos, loxísticos e de xestión para a información aos profesionais sanitarios e á cidadanía.