Catálogo

Amosando 397 - 408 de 1374
Autor/a
Ares Martínez
Ana
Autor/a
Cendán Vérez
Montserrat
Autor/a
[et.al.].
Lingua/s
Galego

O programa Femora recolle procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo do ano 2020 no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Publicación que describe o Programa galego para a detección precoz da xordeira en período neonatal´: obxectivo xeral, obxectivos epecíficos, poboación obxectivo, probas de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como resultados no período 2019.