Catálogo que recolle as obras que entre os anos 2015 e 2023 persoas particulares lle doaron á Comunidade Autónoma de Galicia para que fosen custodiadas no Museo de Belas Artes da Coruña.
Catálogo que recolle as obras que entre os anos 2015 e 2023 persoas particulares lle doaron á Comunidade Autónoma de Galicia para que fosen custodiadas no Museo de Belas Artes da Coruña.
Número 15 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Os actos e as profecías inventa un universo arredor dos talent shows como espazo de xogo para falar da familia, das expectativas e das decisións vitais marcadas pola procura do éxito. Os talent shows conteñen moitas fendas vitais con potencialidade para amosar os puntos de fricción entre a vida e os soños, entre a vida desexada, soñada, idealizada e o presente. A necesidade de ser, de amosarse, de gañar, de triunfar. As urxencias da vida, dos coidados, as dificultades. A confrontación, en definitiva, dos soños propios co contorno. Mais no fulgor televisivo atopamos tamén unha invitación á celebración a pesar de todo. A sorrir e brillar e tirar para diante aínda que o chan estea abrindo baixo os nosos pés.
Volume inaugural da colección "Tesouro paleogalaico" que presenta o primeiro estudo lingüístico das aras dedicadas ao deus Lar Berobreus aparecidas no santuario tardorromano (s. III-VI d. C.) do monte do Facho, na parroquia de Donón, Cangas, Pontevedra. O traballo consta de tres capítulos: un comentario arqueolóxico de José Suárez Otero, que serve de marco introdutorio á análise lingüística propiamente dita; un comentario lingüístico das epígrafes, de Juan Carlos Búa Carballo, e un catálogo dos altares do Facho con texto total ou parcialmente lexible, do mesmo Juan Carlos Búa en coautoría con Beatriz García Turnes e Isabel Beltrán López.
Número quince da revista científica Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión trátase dun número monográfico especial dedicado á "Peregrinación nun mundo globalizado: investigación interdisciplinar e implicacións sociais".
Almudena Fernández Fariña. Pisando Charcos ofrece un percorrido polo traballo da artista ao longo de trinta anos de carreira, resitúa a súa traxectoria e desvela unha artista inédita cuxa versatilidade queda patente nunha serie de procesos paralelos que inclúen prácticas fotográficas, bordados, pezas cerámicas ou libros obxecto. Almudena Fernández Fariña (Vigo, Pontevedra, 1970) é artista e docente na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo). A súa obra está representada en coleccións públicas e privadas. O seu traballo artístico foi recoñecido con numerosos premios e bolsas entre os que destacan o Premio de pintura L’Oréal (2000); a bolsa Novos Valores (1994) ou a bolsa da Fundación Pollock-Krasner (2001).
Unha Vida Viquinga que presenta ao público unha visión actualizada, baseada na investigación, do desenvolvemento da vida nesta etapa histórica.
O catálogo reflicte a vida na era viquinga nas catro etapas da vida: infancia, mocidade, madurez e morte, desde unha perspectiva inclusiva e matizada do tema. Facendo fincapé nos aspectos diaspóricos do mundo viquingo, destacando o contacto nórdico en lugares de todo o hemisferio norte.
Pontevedra no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na cidade de Pontevedra. O enfoque expositivo parte da memoria do visitante para deconstruír o espazo urbano e comprender as claves do seu cambio, relacionando as transformacións da cidade coas lembranzas locais. A mostra entende a cidade como un sistema cultural que constrúe parte da identidade dos seus habitantes e explorará esa rede de símbolos, palabras e relatos compartidos que son tamén herdeiros do tempo.
Guía coa que a Fundación Galicia Europa presenta de maneira breve e precisa as distintas fontes de financiamento comunitario dispoñibles, salientando os aspectos clave na preparación e o desenvolvemento de proxectos europeos.
Artigos sobre a obra e vida de Luis Brage, a música na Galicia do seu tempo, a Compostela dos anos de xuventude de Brage, a música no cárcere, os arquivos musicais en mans de particulares.
A finalidade do libro é a transferencia de coñecemento e información ao sector cárnico de Galicia, que constitúe, sen dúbida, un dos eixes fundamentais de actuación do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).
En 1952, André Malraux publicaba Le Musée imaginaire de la sculpture mondiale, un texto capital no cal prefiguraba unha nova forma de concibir a historia da arte como disciplina aberta en que a historia dos estilos se desdebuxa en favor dun entendemento cruzado, co que se abre lugar ás conexións indebidas, múltiples e baseadas nos afectos e nas subxectividades. O museo imaxinario de Malraux achegábase en espírito aos procedentes do museo moderno, situándose preto dos gabinetes de curiosidades e das cámaras de marabillas en que os burgueses e nobres do renacemento continuaban a tradición medieval e coleccionaban todo tipo de obxectos estraños xunto a obras de arte.
A exposición Wunderkammer de Suso Fandiño insírese nesta tradición e, ao xeito dunha cámara de marabillas, debuxa unha serie de percorridos e enlaces pouco habituais, deseñando un espazo museístico en que as obras conectan entre si creando relacións punzantes. Esta publicación pretende activar no lector a necesidade de buscar significados ocultos reflexionando de xeito lúdico sobre cuestións como a morte do autor, a futilidade do discurso hexemónico na historiografía artística, o papel do espectador na arte, o xogo político de fronteiras, a mercadotecnia ideolóxica, a oposición entre a baixa e a alta cultura ou a análise da linguaxe como sistema de configuración do pensamento.
Catálogo/inventario da colección de etiquetas da colección do Museo do Viño de Galicia.