Libro infantil protagonizado polos Bolechas que visitan o museo e o castro de Viladonga.
Libro infantil protagonizado polos Bolechas que visitan o museo e o castro de Viladonga.
Este volume analiza a traxectoria conxunta de Concha Jerez e José Iges, desenvolvida durante máis de tres décadas arredor do concepto de resignificación. Desde prácticas inicialmente diferenciadas —visual e sonora—, ambos converxen nun territorio intermedio onde a linguaxe, a imaxe, o son e o espazo se entrelazan. A súa obra, a través de instalacións, performances e radioarte, aborda cuestións como a censura, a manipulación dos medios de comuniciación e a vixilancia. Inserido nas correntes conceptuais e experimentais que teñen a súa orixe nos anos sesenta do século pasado, a obra de Jerez e Iges explora a resignificación como estratexia capaz de reconfigurar significados e de abrir novas interpretacións críticas.
Catálogo da exposición conmemorativa do falecemento de Emilia Pardo Bazán. Recolle os fondos das doazóns e legados vinculados coa familia Pardo Bazán e relacionados directamente coa escritora. Inclúe ademais outros fondos da colección que mostran a personalidades do seu círculo privado e social dentro do ámbito da Coruña do seu tempo.
Catálogo monográfico sobre a exposición Convidadas: dúas miradas de Zuloaga.
Nº 18 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. Hamlet, príncipe de Dinamarca, está tratando de asimilar a morte de seu pai e a rápida voda de súa nai con seu tío. Esta sensación de anguria existencial vaise ver multiplicada cando reciba a visita da pantasma de seu pai e el lle asegure que a súa morte foi provocada polo seu propio irmán. Hamlet vese obrigado a vingar a morte de seu pai, pero a aceptación desa misión non lle resultará fácil. O maior atranco non será outro que a súa propia conciencia, que lle fai adiar continuamente o intre de pasar á acción e converterse nese heroe vingativo que seu pai lle ordenou ser.
Número dezasete de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título “Iacobus Harmonicus: Santiago, Compostela e a música”, o volume que presentamos aos nosos lectores reúne artigos especializados en musicoloxía. O obxectivo é abrir, por vez primeira, os estudos composteláns á perspectiva musicolóxica e histórica máis ampla posible, para examinar “Santiago, Compostela e a música” coa idea de ecos e harmonías sonoras que resoan cunha historia milenaria e que xa están presentes nas paisaxes sonoras contemporáneas. Turismo de Galicia e a S.A de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúas partes monográfica e xeral.
Valdeorras é unha comarca vitivinícola do interior de Galicia, que conserva un patrimonio arquitectónico popular único no país: as covas de viño. Este libro é unha oportunidade para coñecelas dende unha mirada técnica, histórica, cultural e social, e é o resultado da investigación realizada durante dous anos polas súas autoras.
Esta publicación recolle os traballos presentados por especialistas nacionais e internacionais no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago realizou en Compostela do 26 ao 29 de xuño de 2024. Baixo a dirección de Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg de Alemaña, e co título de Metrópole: Santiago e Roma, 900 anos de historia, o congreso conmemorou unha efeméride: a concesión polo papa Calisto da dignidade arcebispal á cidade de Santiago en xuño de 1124, que converteu Compostela nun importante centro de poder eclesiástico e administrativo.
Número dezaseis de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título A novela histórica sobre a Idade Media e o Camiño de Santiago, estúdase a representación medieval do Camiño nas novelas históricas, así como os seus editores, autores etc. Os artigos que lle dan forma a este volume analizan publicacións relativas a este tema editadas nos últimos corenta anos no mundo hispano, francés e anglosaxón. Turismo de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúa parte monográfica e xeral.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acolle esta obra, elaborada por catedráticos da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, que convida os lectores interesados na historia da ciencia a afondar na vida de Antoine-Laurent Lavoisier, impulsor da química moderna e figura clave na situación sociopolítica que deu lugar á Revolución francesa. Nesta contribución abórdase a implicación de Lavoisier na política francesa de finais do século XVIII ao mesmo tempo que se analiza o seu papel na transformación da vella alquimia nunha ciencia baseada na experimentación, na precisión cuantitativa e nunha nova terminoloxía científica.
Catálogo da exposición "José Suárez. Ollos vivos que pensan" con amplios textos de estudo dos comisarios e especialistas en fotografía. O catálogo é a obra máis completa ata o momento da vida e a obra do fotógrafo José Suárez, e incorpora unha gran cantidade de material inédito referente á súa vida.
Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV).