Artigos de varios autores que analizan polo miúdo as intervencións arqueolóxicas realizadas na cidade de Ourense e que serven de soporte científico á exposición: Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI.
Artigos de varios autores que analizan polo miúdo as intervencións arqueolóxicas realizadas na cidade de Ourense e que serven de soporte científico á exposición: Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI.
Catálogo da mostra do mesmo nome que recolle unha selección de fondos do Museo de Ourense para facer visible a súa existencia en canto permanece pechado polas obras de remodelación. Complétase o catálogo cunha introdución sobre o edificio no cal se exhibe a mostra e unha sucinta historia do museo.
Catálogo onde se estudan as medallas conmemorativas españolas que forman parte das diferentes coleccións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
"Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós" é unha publicación editada dentro dos proxectos que se veñen desenvolvendo para conmemorar o centenario de Nós, coa finalidade de pór en valor o traballo que os membros desa xeración levaron a cabo para fomentar os valores culturais de Galicia.
Transcrición, estudo e edición crítica do epistolario de Florentino López Cuevillas, como homenaxe no centenario da Xeración Nós.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en outubro de 2018 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2018.
Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2017 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2017 "Voando o pasado: fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia".
Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión é o título do catálogo da exposición organizada polo Arquivo de Galicia para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos no espazo destinado ás exposicións no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, e estivo aberta desde o día 7 de xuño ao 18 de outubro de 2024.
Con este catálogo, que incorpora ademais dous artigos de profesionais vinculados ao Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense. Hospital de Piñor, o Arquivo de Galicia pretende dar unha maior difusión a unha actividade que invita a reflexionar sobre a propia identidade persoal e colectiva a través dos documentos e obxectos procedentes de importantes centros de atención psiquiátrica na nosa Comunidade desde finais do século XIX, e sobre como a cultura, a través das súas manifestacións artísticas, constitúe unha potente ferramenta para garantir o desenvolvemento das persoas.
Este catálogo ofrece unha visión completa e abranguente da obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) ao longo de máis de cincuenta anos de carreira, ao tempo que permite abordar, na súa complexidade, unha das figuras máis senlleiras do contexto artístico galego. Coa axuda de múltiples voces chegadas de ámbitos tan diversos como a historia da arte, a crítica ou a poesía, o libro propicia unha apreciación actualizada da orixinalidade da obra de Lamazares.
Achegarse ao seu traballo é experimentar o silencio, formar parte dunha constelación marabillosa que nos brinda estados de contemplación e intensifica o gozo. A súa pintura é o resultado da sabedoría e a grandeza de saber rescatar a humildade, a sinxeleza, o vigor, a coraxe, o corazón, o amor, a morte, a plenitude... nun universo de verdade e silencio.
Este XLVII Caderno Ramón Piñeiro reúne un diverso abano de voces para falar da homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano 2024, Luísa Villalta. Así pois, ademais do limiar, a Cronobiografía construída por Armando Requeixo tamén serve como apertura. Sucédense tras ela vinte artigos agrupados en seis seccións: poesía, narrativa, teatro, ensaio e pensamento, tradución e música. Todos eles analizan a tan excelsa como poliédrica traxectoria de Villalta. Deste modo, sitúana nunha posición dialogante con outros autores e tendencias, ademais de pór en valor aquelas facetas do seu traballo que tenden a resultar eclipsadas. Conclúe o volume cunha bibliografía activa e pasiva da homenaxeada.
O libro é unha presentación da totalidade da obra de Viqueira. Como profesor de filosofía no IES Eusebio da Guarda, engarza coas doutrinas de Leonardo Coimbra (Portugal), Bergson (Francia) e Risco (Xeración Nós). Como poeta, toma o lirismo da cultura galego-portuguesa como fío vermello que une todos os produtos culturais galegos. Na música popular galega pon a améndoa da cultura galega. Trátase dun libro en que a filosofía queda reducida á estética.
Edición do número 34 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.