Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión: Exposición

Entidade
Arquivo de Galicia
19,00 €
Sinopse

Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión é o título do catálogo da exposición organizada polo Arquivo de Galicia para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos no espazo destinado ás exposicións no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, e estivo aberta desde o día 7 de xuño ao 18 de outubro de 2024.
Con este catálogo, que incorpora ademais dous artigos de profesionais vinculados ao Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense. Hospital de Piñor, o Arquivo de Galicia pretende dar unha maior difusión a unha actividade que invita a reflexionar sobre a propia identidade persoal e colectiva a través dos documentos e obxectos procedentes de importantes centros de atención psiquiátrica na nosa Comunidade desde finais do século XIX, e sobre como a cultura, a través das súas manifestacións artísticas, constitúe unha potente ferramenta para garantir o desenvolvemento das persoas.

Ficha técnica

ISBN-13
978-84-453-5496-4
Editorial
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Dirección Xeral de Cultura, Arquivo de Galicia
Santiago de Compostela
Ano de edición
2024
Edición
Lingua/s
Galego
Ilustracións
cor
Volumes
1
Páxinas
115
Medidas
22
24